Deportes
CD Lugo

"Contra el Córdoba, vamos a ir a muerte", Escriche

O dianteiro non nega a preocupación pola falta de gol, pero confía en que en casa remate esa mala racha

Dani Escriche en rolda de prensa / CD Lugo

Lugo

O CD Lugo prepara un encontro de vital importancia fronte ó Córdoba. A ausencia de gol é unha preocupación no vestiario e máis entre os dianteiros, pero Dani Escriche está convencido de que esta mala racha rematará o sábado. "Es evidente que hay una preocupación, pero los delanteros estamos trabajando mucho para que se acabe esta mala racha lo antes posible , y eso tiene que ser ya", afirma.

Tras caer pola mínima fronte ó Albacete, o equipo da cidade amurallada colócase na décimo séptima posición da táboa clasificatoria empatado a puntos co descenso: trece. A afección lucense quere que o equipo sinta que está con el ás duras e ás maduras e por iso veñen de mover unha campaña nas redes sociais para animalo equipo. "El apoyo de la afición es muy importante y con ellos iremos a por la victoria".

O Córdoba, un rival directo, aterra en Lugo con novo técnico: Curro Torres. Pode que busque sorprender e sexa un revulsivo para o  conxunto andaluz, pero o equipo galego ten as cousas ben claras: "El mister nos pide que sigamos trabajando porque el gol va a llegar. Cuando cambiemos esa racha seguro que el equipo va a subir en la tabla y es que vamos a ir a muerte a por los tres puntos", asegura o dianteiro.


 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00