Deportes
CD LUGO

O CD Lugo organiza un mundialito a prol da integración

O campionato diríxese a nenos e nenas que estén a cursa-la primaria

O CD Lugo presenta a CD Lugo World Cup / CD LUGO

Lugo

Aterra en Lugo a primeira edición da CD Lugo World Cup, un torneo a prol da integración e do respeto ás diferentes etnias entre os máis cativos da casa. No marco das actividades do Nadal, o equipo albivermello aposta pola transmisión de valores mediante o deporte.

Será un campionato de 3X3 no que cada grupo, composto por rapaces e rapazas indistinatmente, representará a un país diferente , que lles tocará por sorteo. Ademais da vertente deportiva, os xogadores e xogadoras de cada equipo teñen que poñerse ó día cá cultura e a xeografía do país que lle toca representar. É dicir, nesta competición non só suman os goles, tamén as ganas de aprender.

Deste xeito, haberá un gañaor do 3X3 e outro para o cunxunto que demostre coñecer máis e mellor o país da súa camiseta. Terase en conta a caracterización de cada grupo e valorarase a integración de símbolos do país que representan. O vencedor final da copa CD Lugo será o equipo que mellor puntuación obtenga de xeito conxuto. Coma premio, unha imitación en minuatura da copa do mundo. 

O coste de inscripción será de corenta euros por equipo, para formialzala participación no campionato pode facerse dente o 27 de novembro até o 14 de decembro na CDLu Store.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00