Últimas noticias Hemeroteca

O Lugo pelexa, pero non leva a batalla

Un gol de Íñigo Pérez no minuto 89 desastibilizou o partido

Seoane no partido fronte ó Osasuna /

O CD Lugo continúa deixando boas sesacións no xogo, situacións de perigo e esforzo no campo, pero sen resultados. Os albivermellos caen no Sadar pola mínima no derradeiro minuto de partido cun tanto de Íñigo Pérez.

Os pupilos de Monteagudo saltaron ó campo cos forza, ben enchufados e buscando o gol. Tiveron os albivermellos varias ocasións para anotalo primeiro a domicilio en botas de Herrera, Escriche e Lazo, pero de novo a luz dos lucenses se apaga nos disparos á portería. O certo é que desta volta a polémica estivo servida no estadio pamplonica. Na primeira parte, o colexiado, evitaba un gol de Cristian Herrera pitando un polémico fora de xogo e, na segunda, rozado minuto 60, Iriome, reclamaba un penalti tras caer na área nunha pelexa polo balón con Clerc.

Nestes segundos corenta e cinco minutos de partido, os albivermellos saíron mellor do túnel de vestirario, malia que foron os locais quenes tiveron a primeira das ocasións para adiantarse no electrónico ós oito minutos de reanudalo encontro. Estivo en botas de Lazo a ocasión máis clara desta segunda metade cun disparo cruzado que salvaba por baixo Rubén.

Pasaban os minutos e o partido seguía igual de aberto para ambos conxuntos, pero un último córner a favor do conxunto local sentenciou ós galegos. Un saque de curruncho en curto rematu nun centro que Iñigo Pérez que mandaba ó coiro ó fondo da rede. Deste xeito, o Osasuna enlaza a súa cuarta vitoria na casa e segue a escalar posicións na táboa clasificatoria, mentres que o equipo lucense colócase na décimo sexta.

 

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?