Deportes
CD Lugo

Monteagudo cre que o gol chegará porque van polo camiño "correcto"

O técnico manchego cre na "identidade" do seu equipo para facerse cos tres puntos fronte a UD Las Palmas

Monteagudo en rolda de prensa / CD LUGO

Lugo

O equipo albivermello regresa ó Anxo Carro para recibiren ó UD Las Palmas. Un rival chamado a ocupalos postos máis altos da categoría de plata e que se sitúa na novena posición. O CD Lugo, tras caer na Copa do Rei fronte ó Levante, mantendo as mesmas sensacións ca no partido ante o Osasuna, moito xogo e pouco gol, Alberto Monteagudo fai un chamamento á non desesperación. "Nos falta matar. Es difícil explicarles a los jugadores que este es el camino, me han fichado para ganar y es verdad que no llega el gol. Pero hay que pensar que generamos ocasiones, que pisamos área contraria, que somo rápidos... Estamos en un buen momento de juego y pronto va a llegar un buen momento de resultados", asegura.

Toca voltar ó chip da Liga. Loitar por deixar en casa eses tres puntos que aliviarían a situación pola que pasa o equipo lucense e para iso hai que seguir traballando. O míster insite en que non debe haber nervios. Entender que a Segunda División "es una de las más igualadas de Europa y a un partido no importan los presupuestos. Esperemos que Las Palmas tarde una semana más en reaccionar". Para gañar, toca dar contiuidade as boas fases do xogo e non renunciar ó selo que diferencia ó equipo. "Necesitamos el máximo nivel físico porque nos enfrentamos a un equipo que no viene de ganar pero con un potencial inmenso".

Trala actuación en Copa de varios xogadores pouco habituais nas convocadorias, Monteagudo non descarta facer modicifacións na convocatoria. Non obstante, insiste en que tamén toca agardar a ver a evolución dos xogadores que ten tocados. É unha semana na que a maiores do lesionados de longa duración, Luis Ruíz e Carlos Pita seguen a recuperarse das súas molestias e xurden novos problemas. Josete Malagón queixábase de dor nas costas e Donoso de molestias na cadeira.

O encontro será o domingo ás oito da tarde no Anxo Carro.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00