SER Deportivos LugoSER Deportivos Lugo
Deportes
CD Lugo

Eloy Jiménez: Destituído

O CD Lugo colga o cartel de busca e captura dun novo adestrador

Cadena Ser

Lugo

Eloy Jiménez xa non é adestrador do CD Lugo. Roda a cabeza do que sería o cuarto adestrador do equipo albivermello en algo máis dun ano. O de Hellín deixa ó equipo con 22 puntos no casilleiro, e quinto pola cola. Quedar a un punto sobre o descenso, marcar un gol que lles soubo a "oro" ante o Málaga non foi suficiente para alargar a estadía do albaceteño en Lugo.

 O certo é que ós afeccionados do CD Lugo agárdalles un Nadal de moito movemento. Ou alo menos iso semella. Polo pronto, máis alo da rumoroloxía da posible venda, o certo é que o equipo amurallado ten o cartel de se busca adestrador xa colgado na porta.

A ruptura con Eloy Jiménez víñase xestando dende xa hai varias xornadas. A mala xeira na que o equipo estaba inmerso - conseguindo 3 puntos de 18 posibles no treito final da primeira volta- complicaba a continuidade do mister. Por iso, entre a afección xa saltaron as alarmas sobre posibles candidatos a tomarlle o relevo.

Algúns chios de aficionados do CD Lugo / Twitter

Dende Sergi Barjuan, ata Óscar Fernández, pasado por Rubén de la Barrera. Borja Jiménez postulabase coma o favorito nas apostas, pero adiantouse ó Cartagena. Tras subir ó Mirandés a Segunda División, con Hugo Rama e Yanis Rahmani no plantel, o adestrador puxo rumbo cara á Grecia. Ali, cinco meses depsois de estar á fronte do Asteras Tripolis foi destituido, polo que voltaba estar dispoñible para regresa á Liga española. Finalmente regresa, pero non a Galicia nin ó clube albivermello.

Saída de Eloy

O de Hellín realizaba en Málaga a que sería a súa derradeira rolda de prensa post partido. Levaba unhas semana asegurante estar "muy tranquilo" e incidía en "tener las fuerzas suficientes como para abandonar" o barco. Na sala de prensa da Rosaleda, o ata entón míster non se mollaba e deixaba en máns "de a quién le corresponde" decidir sobre o seu futuro.

Xogadores coma Leuko ou Manu Barreiro, que saían en Zona Mixta, tampouco se posicionaron. En referencia á celebración do tanto amrcado por Carlos Pita no derradeiro minuto de partido o camerunés pedía que non se lle dera máis voltas: "Es un abrazo que demuestra lo unidos que estamos, no hay que buscar más". Barreiro tampouco quixo entrar en debates, evitou valorar o cambio de adestrador, xa que" non nos corresponde a nós", finalizaba

Así chegaba Eloy Jiménez a Lugo:

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00