Deportes
ATLETISMO

Máis de 160 deportistas daranse cita na VI edición do Ourense Termal Athletics Meeting 2020

Esta proba de ámbito nacional incluída no calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo é unha das competicións con maior nivel deportivo das que se celebran en Galicia

Máis de 160 deportistas daranse cita na VI edición do Ourense Termal Athletics Meeting. Eladio Gómez, coordinador xeral de Ourense Termal, Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, Alfonso Mandado, director da área de benestar, saude e deporte da Universidade de Vigo, Mario Guede, concelleiro de deportes do Concello de Ourense / Deputación de Ourense

Máis de 160 deportistas daranse cita na VI edición do ´´ Ourense Termal Athletics Meeting´´ que se celebrará o venres, 21 de agosto, a partir das 18:00 horas, na pista de atletismo do Campus de Ourense. Esta proba de ámbito nacional incluída no calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo é ´´ unha das competicións con maior nivel deportivo das que se celebran en Galicia durante a tempada´´, dixo o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, na presentación deste evento deportivo.acto no que tamén participou o Concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; o director da Área de Benestar, Saude e Deporte da Universidade de Vigo, Alfonso Mandado; e o coordinador xeral de Ourense Termal Athletics Meeting, Eladio Gómez.

As probas que se disputarán na competición son : 100 metros, 200 metros, 800 metros, lanzamento de peso, salto de altura,´´ e como novidade, incorporamos unha nova proba ao programa co salto de lonxitude, polo que engadimos a 10 atletas máis que sumados aos 154 inscritos fará que participen un total de 164 atletas neste ´´ Ourense Termal´´, sinalou Eladio Gómez, quen engadiu que haberá premios económicos para os homes e mulleres que obteñan as tres mellores marcas do meeting por táboa World Atlhetics. Esta edición de 2020 ten unha especial relevancia porque tódolos atletas destacados precisan facer marcas para obter praza nos diferentes campionatos autonómicos e nacionais´´, engadiu Eladio Gómez.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00