Víctor Pérez: “Hai uns anos ninguén falaba do Couto Mixto”
O vicepresidente do Ateneo de Ourense fálanos da recente visita a Santiago de Rubiás, Rubiás e Meaus
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.
Ourense
O Ateneo de Ourense organizou recentemente unha visita ao Couto Mixto que, segundo lembran, é “un microestado situado ao norte da Serra de Larouco, na conca do río Salas, entre os reinos de España e Portugal. Foi independente de ámbolos dous países mentres disfrutaba de diferentes privilexios”.
A visita comezou na igrexia de Seoane de Oleiros, onde “hai unhas pinturas marabillosas”, sinala o vicepresidente do Ateneo, Víctor Pérez. Para este catedrático de Educación na visita ao Couto Mixto é “indispensable ver o centro relixioso e político da zona, Santiago de Rubiás, e tamén o centro económico, Meaus”. Ademais, na realizada a pasada fin de semana, fixeron unha ruta por Tourém e Calvos de Randín.
O éxito de público na visita e o interese por divulgar o coñecemento existente sobre a zona da que “hai uns anos ninguén falaba ata que García Mañá lle deu pulo con Unha República esquecida, fai que dende o Ateneo ourensán estean a traballar xa na seguinte visita. Neste caso será polos pobos promiscuos.