"Imos a gañar": Burela xa entrena para ir a por todas no Grand Prix
Os participantes teñen que demostrar que son capaces de facer unha dominada e a alcaldesa xa ten o dicionario na mesiña de noite
Así entrena Burela para o Grand Prix: dominadas e estudo do diccionario
08:40
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1714154242135/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Lugo
Ao saberse que o Concello de Burela presentara unha candidatura para participar no Grand Prix, o concurso do verán que volveu á telivisión o verán pasado, a ilusión apoderouse do municipio e mesmo de outros limítrofres. Por iso cando se fixo oficial que o concello mariñano era un dos seleccionados para competir, a alegría foi máxima.
Más información
Inmediatamente despois de publicarse o anuncio, dende o Concello habilitaron uns formularios para que se anotase os interesados en participar, e tan só nas primeiras 48 horas xuntáronse 180 solicitudes para ir como público e 90 para participar. Mesmo se fixo habitual que os veciños de Foz bromeen con que se van empadroar en Burela para poder formar parte da comitiva. "Xa lle dixen o outro día ao alcalde focense que grazas a iso imos chegar aos dez mil habitantes", bromea Carmela López, a rexedora.
"A verdade é que cando nolo dixeron foi unha alegría enorme", conta. O peor foi ter que gardar o sergredo, asegura, porque "foron tan rectos con que non llo podíamos dicir a niguén, se se filtraba quedabamos inmediatamente descualificados, que non o comentamos nin na casa". Nin sequera puido trasladarllo ao resto do equipo de goberno ata que, por fin, un día antes de que un equipo do programa se desplazase ata a localidade para grabar un vídeo promocional, se fixese público.
Esa é unha das partes máis importantes para o concello, ao seu parecer. "Imos ter a oportunidade de que nos vexa en horario de 'prime time' na Televisión Española todo o país, e incluso a nivel internacional", resalta, "eso non hai diñeiro que o pague". A nivel promocional é un impulso enorme, pero os veciños co que se quedan é coa ilusión de participar.
Entrenamentos en marcha
A alcaldesa asegura que o están tomando "moi en serio" e que entrenan para ir a por todas porque "o obxectivo é gañar". Para iso hai que estar en forma e terán que escoller aos máis preparados. Por iso Carmela López, que terá que defender ao municipio na proba reservada para alcaldes e alcaldesas, asegura que ela mesma xa se puxo a estudar o diccionario: "Dende o primerio día téñoo na mesiña de noite e antes de durmir léoo".
Para os veciños un dos requisitos para poder participar é ser capaz de facer polo menos unha dominada porque "é necesario para unha das probas, que ademais é bastante dura". "Nos formularios hai unha porcentaxe moi alta de persoas que aseguran que a fan", apunta a alcaldesa, "pero vano ter que demostrar nos primeiros entrenamentos".
Ademais de a intentar levar o premio de 30.000 euros que só consegue un dos concellos participantes van, iso está asegurado de antemán, a pasalo ben. "Dende logo vai ser unha experiencia moi enriquecedora, que nos vai axudar a facer grupo e a facer pobo, e moi positiva para a veciñanza", di López Caramés. A partir de agora teñen un mes de marxe para prepararse, a grabación do programa será en Madrid o 28 de maio.
Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.