Hoy por Hoy VigoHoy por Hoy Vigo
Ocio y cultura
Literatura galega

Ledicia Costas: "Pel de cordeiro é unha novela sobre a rebelión e contra as convencións sociais"

La escritora viguesa presenta su nuevo libro para adultos

Abel Caballero sobre la ampliación del ascensor Halo

Abel Caballero sobre la ampliación del ascensor Halo

00:43

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1714999059185/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Vigo

Ledicia Costas recoñece que sempre ten nervios nos días previos á saída da súa nova novela. Sostén unha das nosas escritoras máis internacionais que as novelas para adultos son retos que se marca na súa carreira literaria de máis de 24 anos. Ela é unha das raíñas da literatura infantil e xuvenil en España e, cada vez que afronta unha novela para adultos, supón tamén un cambio de chip e osixenación na súa vea creativa. Pel de Cordeiro cóntanos dúas historias en dous tempos diferentes. A historia de Catalina nas últimas rabexadas da Inquisición e a de Lola no Vigo actual. Ambas nos contan a súa historia de rebelión contra as convencións sociais pero en contextos diferentes. As dúas con inquedanzas no escuro, na morte, no máxico. Catalina se cría coa súa avoa Elvira, unha bruxa que sufriu a persecución da Santa Inquisición e que lle ensinou todo o que sabe. Lola ten "movida comigo mesma" e iso estalle afectando á súa vida. Duas historias que poderán ter cousas en común a medida que avanza a trama. Nesta hipnótica novela de Ledicia Costas fálase de violencia, maxia, espertar sexual e de bruxería. Pel de Cordeiro sae este mércores á venda publicada por Xeráis en galego e por Destino en castelán. O venres 10 presentará o libro no Marco ás 20:00 horas acompañada do seu amigo o músico Amaro Ferreiro.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00