Hora 14 OurenseHora 14 Ourense
Ocio y cultura

"EXXperimenta en feminino", Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades

A microbióloga Julia Carballo forma parte do proxecto EXXperimenta en Femino / Radio Ourense

Ourense

O xurado do XVI Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, que outorga o Concello de Ourense, acordou por unanimidade concederlle o galardón ao grupo de profesoras “EXXperimenta en feminino”. Julia Carballo é unha delas e explica que se trata de "promocionar a presencia de mulleres na ciencia e que sexan referencia para atraer nenas a campos onde hai unha infrarepresentación de mulleres estudantes". Outros dos obxectivos é amosar á sociedade que a normalidade sería a plena igualdade de oportunidades.

A voz de Julia é unha das tantas que están detrás deste proxecto. Falamos de que, a maiores do personal estable, hai unha media de 120 mulleres, e tamén algún home. Dende o concello fundamentan este premio na promoción, visibilización e posta en valor de referentes femininos nas ciencias, as tecnoloxías, as enxeñerías e as matemáticas (STEM) así coma a quebra de estereotipos.

Ademais da celebración de obradoiros e actividades, como as ofrecidas no Dia Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, tamén fan outro tipo de actividades divulgativas como exposicións itinerantes. O premio entrégase o día 9 de marzo, o seguinte ao Día Internacional das Mulleres (8 de marzo), conmemoración que nos lembra que a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes aínda é un obxectivo no que hai que traballar.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad