Salud y bienestar

O concello de Ribadavia presenta un novo vehículo de usos múltiples destinado a avarías e limpeza

Esta é unha nova medida do Concello para reforzar a limpeza

Novo camión de limpeza do Concello de Ribadavia

Radio Ribeiro

O Pleno aprobou unha modificación da Ordenanza Municipal de Limpeza coa intención de ampliar as medidas de vixilancia e as sancións administrativas a infractores.

Este Camión multiusos permitirá resolver avarías na rede de saneamento e subministro, e ademais tamén poderá realizar tarefas de limpeza. O Servizo Municipal de Augas e Saneamento de Ribadavia dispón xa dun camión-cisterna, que ten funcións de camión impulsor e succionador, é un Camión Fuso Canter 3S15 150 c.v. 3500 kg coas seguintes características: Cisterna de aceiro inoxidable en dous compartimentos, 1500 litros para augas limpas e 1.500 litros para lodos, entre outras.

Desde o Concello estase elaborando un calendario mensual para organizar os traballos deste vehículo en todo o termo municipal, co fin de optimizar a execución dos traballos, o que posibilitará a actuación de tarefas de limpeza en todos os núcleos do municipio de forma regular.

Os traballo xa comezaron na rúa Ribeiro, unha das rúas nas que máis urxe realizar tarefas de limpeza, e comezarase a limpar todas as rúas e núcleos do municipio, sempre que a climatoloxía e as temporadas de estío da captación de auga o permitan.

Así, o horario habitual será a primeira hora das mañás, sobre as 7 e media da mañá para evitar que a actividade dos veciños se vexa o menos afectada posible, aínda que isto tamén dependerá da climatoloxía, así mañá, e nos días de inverno, farase nun horario cara o mediodía.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00