3.500 euros para o mellor texto teatral
Convocado o 17º Premio Abrente de Textos Teatrais
Radio Ribeiro
Coa intención de incentivar e apoiar a creación dramática en lingua galega e por ser o teatro a actividade que maior incidencia e proxección histórica lle outorgou á ribadaviense Agrupación Cultural Abrente (1969-1983), o Concello de Ribadavia a través da Mostra Internacional de Teatro (MIT) convoca, en lembranza daqueles “Concursos de Textos Teatrais”, a 17ª edición do Premio Abrente para Textos Teatrais 2022, de acordo coas seguintes bases, entre as máis destacadas: Poderán optar ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten obra dramática inédita e nunca antes premiada ata a data de resolución desta convocatoria, sempre que estea escrita en lingua galega. Establécese un premio único e indivisible, dotado con 3.500 euros e a edición da obra gañadora. O prazo de admisión de orixinais remata o día 17 de xuño de 2022 .