La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Baiona

A Concellería de Igualdade presenta a terceira edición da “Primavera Lila”

Entre os meses de marzo e maio levaranse a cabo toda unha serie de actividades

Programación Primavera Lila

Vigo

O Multiusos Mercado de Sabarís acolleu o acto de presentación da Primavera Lila, a programación deseñada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona e a dirección do CIM con motivo do 8 M, Día Internacional da Muller.

Na presentación a Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, deu a coñecer as novas actividades que se idearon para a programación deste ano. Entre os meses de marzo e maio levaranse a cabo toda unha serie de actividades que foran parte dunha programación que co 8 de marzo como escenario, a concelleira, lembra “a importancia que ten traballar a diario en favor da igualdade en base a políticas que ofrezan respaldo a mulleres como as que se recollen no

Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes do Concello de Baiona 2019-2023.” Accións que sexan tamén extensivas a toda a cidadanía porque “ a igualdade é cousa de toda unha sociedade” e é preciso traballar en conxunto con estratexias que abarquen a todas as idades e colectivos, con accións específicas para cada sector “e que todas teñan un fío condutor, unha sociedade comprometida coa igualdade”, sinala Moreira Costas.

Por iso, desenvolveranse diversas actividades cuxo obxectivo xeral é promover a consecución da igualdade real e efectiva entre as mulleres e os homes no ámbito escolar e cultural e previr a violencia de xénero.

Aplicando a transversalidade de xénero, sen limitarse a un so contexto ou plano de actuación, para traballar na sensibilización en Igualdade e a prevención da violencia machista desde os distintos campos, a “Primavera Lila” integra toda unha serie de actividades enfocadas a distintos tipos de públicos.

Mañá, 8M, o CEIP Belesar ás 10:30h e o CEP Sabarís, ás 13:00h, acollerán o contactontos “Cores e persoas”. O venres, 11 de marzo, ás 19:30h no Centro Multiusos de Sabarís, o doutorando Víctor Miguel Fernández, Máster en Dirección Internacional de Turismo, ofrecerá unha conferencia que ten por título “Fálame delas. Mulleres na historia do turismo de Baiona”.

O sábado 12 de marzo, ás 20:00h no Auditorio V Centenario terá lugar a representación teatral “Invisibles” e o domingo, 13, ás 18:00h no Centro Multiusos Sabarís representarase para o público infantil “A nena que quería navegar” .

No mes de abril, o 2 e o 3, porase en marcha o proxecto “Elas emprende”, galería de propostos. O sábado 9 de abril realizarase un"escape room" de igualdade e prevención da violencia de xénero polo Casco Vello de Baiona baixo o título “Rexeita o Maltrato”. O 23 de marzo no Centro Multiusos Mercado de Sabarís proxectarase para o público infantil “Valentina” e dobre sesión ás 17:00h e ás 19:00h.

Xa no mes de maio poderase desfrutar da exposición “Primeiras xornalistas” do 10 ao 20 de maio no salón de actos do CPI Cova Terreña.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad