Vermú con SER
Historia

Tambo, a illa descoñecida que xa é de todos

Nesta edición de Vermú con SER visitamos a Illa de Tambo para coñecer a súa historia e os segredos que agocha

Vermú con SER - Tambo, a illa descoñecida que xa é de todos (03/04/2022)

Vermú con SER - Tambo, a illa descoñecida que xa é de todos (03/04/2022)

26:27

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1649056875565/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Hai pouco máis dun mes, o 1 de marzo, A Illa de Tambo pasou a ser xestionada polo Concello de Poio, o que implica que volta a ser de titularidade pública. A chamada 'concesión demanial' do anterior titular, o Ministerio de Defensa, ao Concello levouse a cabo nun acto simbólico nos xardíns do Mosteiro de Poio que quedará para a historia. A partir dese momento, abreuse un abano de posibilidades para esta illa sita no corazón da ría de Pontevedra. Entre as propostas, están as visitas guiadas a Tambo, ou un ambicioso proxecto de recuperación, conservación e posta en valor que coñeceremos nesta edición de Vermú con Ser.

Para abordar este tema e percorrer a historia viva da Illa de Tambo, temos con nós a dous convidados: Gregorio Agís, concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica de Poio, e unha das persoas que máis se implicou para recuperar a titularidade da illa e Sergio Portela, arquitecto e ideador dun proxecto para este entorno natural privilexiado.

Empezou mencionando Agís que chegar a este punto non foi sinxelo despois de 80 anos de xestión da Illa por parte do Ministerio de Defensa. Tras un arduo traballo de negociacións e conversas con distintas institucións e coa colaboración de varias asociacións conseguiuse a ansiada titularidade pública. A concesión supón o pago anual dun canon de 25.000 euros, que se descontará de todas as inversións que se fagan na illa para a súa conservación e xestión. "Acadar a titularidade de Tambo non é un gasto senón unha inversión e unha oportunidade para o noso concello", sinalou Agís facendo fincapé en que tanto o impulso turístico como o engadido en patrimonio histórico, arquitectónico e cultural son moi positivos para Poio.

¿Cando e como se poderá visitar a Illa de Tambo?

O Concello de Poio está traballando nun Plan Estratéxico de Usos no que contan coa participación de todos os colectivos e asociacións do concello así como das distintas administraciòns e universidades para facer un plan ambicioso que defina exactamente e de xeito consensuado como se vai a utilizar a illa. Este plan céntrase principalmente en adoptar medidas de seguridade e conservación para evitar incendios forestais en Tambo.

A illa poderase visitar en grupos organizados e con guías. De cara a Semana Santa e o verán, comezarán estas visitas sempre e cando se realicen as labores de desbroce pertinentes. Ademáis, a illa estará vixiada para que non se poida ir sen autorización. Tódalas persoas que desexen visitar a Tambo deberán comunicarse co Concello de Poio e solicitar a autorización oportuna.

Arquitectura e patrimonio da Illa de Tambo

Como nos documenta Sergio Portela, a pesar de que a illa ocupa unhas 27 hectáreas no medio da ría de Pontevedra, conta con varias edificacións construidas en dúas etapas ben diferenciadas. Por un lado están o lazareto, do que se conservan inmaculadas as súas fachadas e dunha arquitectura perfecta, unha igrexa, unha fonte e o faro. Por outro, e pertencendo a unha época arquitectónica posterior levada a cabo polos militares que custodiaron a illa durante 80 anos, destacan un polvorín estanco no que se almacenaron nalgún tempo armas e munición e varias edificacións pequenas por toda a illa que serviron como refuxio e postos de vixilancia para os militares.

De esquera a dereita: o faro, un penedo traballado pola eroción e a fonte

A reconstrucción e conservación de todas estas edificacións non é sinxela nin económica, pero tampouco impensable como sinalou Portela, quen recolle nun ambicioso proxecto de usos un pequeno coliseo ou unha ágora central entre outras propostas.

Rematamos este agradable vermú na Illa de Tambo recordando un fragmento da canción que o cantautor Emilio Cao lle adica á illa: “Éche unha illa encantada rodeada de saudades, éche unha illiña pequena que se perde…” ...que se perde pero que a partir de agora se gaña coa posibilidade de visitala, observala e desfrutala, e coa obriga de coidala mantendo intacta a súa historia.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad