Última hora

Irán denuncia explosiones en su territorio y activa las defensas aéreas: EEUU apunta a Israel como autor del ataque

Sociedad

Da escola á granxa, o novo proxecto co que Medio Rural busca achegar á rapazada o rural lucense

As ANPAS poderán inscribirse dende mañá para solicitar visitas a empresas coma Sen máis, Airas Moniz ou A Carqueixa

Foto de familia das empresas participantes en Da Granxa á escola

Lugo

Os nenos son o futuro, e por iso dende a área de Medio Rural da Deputación de Lugo queren que sexan coñecedores do rural e das empresas que nel habitan. Non sería a primeira vez que algún cativo pensara que o leite provén do cartón, por iso a Vicepresidencia de Lugo "aproveitando que os nenos son coma esponxas", queren que sexan quen de coñecer os procesos que seguen os alimentos antes de chegar á súa mesa.

A Deputada de Medio Rural, Mónica Freire, agradecía, na presentación do plan, a implicación das empresas lucenses neste proxecto. "Un total de 25 empresas son as que colaboran e ofrecen abrir as súas portas para dar a coñecer cadanseu traballo", empresas coma Casa da Escola de Gundivós, en Sober, a queixería chantadina Airas Moniz, ou a Asociación de Criadores de Porco Celta (Asoporcel), entre outras.

Explicaba que o obxectivo non é outro que “os nenos e nenas coñezan e valoren os produtos de proximidade e a importancia do sector primario tanto no abastecemento alimentario coma no mantemento da paixase, do territorio ou da cultura” e “afastar definitivamente ese estigma social arredor do rural, visibilizando referentes para que á hora de enfocar ás súas vidas vexan o rual como un espazo no que desenvolver os seus coñecementos e o seu talento”

O programa incide na promoción e valorización do sector primario "como un dos piares da actividade económica, do dinamismo social e do equilibrio territorial da provincia, na mesma dirección doutras iniciativas desenvolvidas desde a área de Medio Rural como a plataforma de venda en liña Son de Lugo ou a colaboración coas asociacións agrogandeiras".

A convocatoria está dirixida a Anpas de centros escolares públicos de educación infantil de primaria de municipios de ata 20.000 habitantes. O importe das axudas oscilará entre os 300 e os 600 euros, en función do orzamento e das solicitudes que se tramiten xa que se trata dunha convocatoria en réxime de concorrencia. As Anpas dispoñen de 20 días hábiles, a contar desde mañá sábado, para tramitar as solicitudes, dacordo co que se indica nas bases publicadas no Bop e dispoñibles tamén na web da Deputación de Lugo, no apartado de Medio Rural. A concesión farase por orde de solicitude, ata esgotar o orzamento dispoñible, de 40.000 euros, entre as que cumpran cos requisitos establecidos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00