O grupo Treixadura poñerá o ramo á festa dos Maios en Ourense

A actuación será o domingo ás 19.30 da tarde na praza maior

Celebración dos maios / Turismo de Galicia

Ourense

Este ano o calendario vai recuperando certa normalidade. Nesta fin de semana será momento de celebrar os maios, unha tradición que dende a asociación veciñal Rabo de Galo levan promovendo dende 1928 e que, celebrarán esta sábado. Lorinda Fernández é a presidenta da asociación. Ten 58 anos e leva participando nos maios dende os 19. Subliña que “se expoñerán os maios, haberá petiscos e gaiteiros”. Será ás seis da tarde diante do Centro Social. Unha festa propia, que recuperan este ano e que continúa a ser allea á celebración do concello.

Os maios de Ourense cúbrense de musgo e teñen as súas particularidades perante outros lugares. Clodio González é etnógrafo e confirma que os maios ourensáns “son máis altos e, despois están os das figuras, que son moi típicos de Ourense”. E se a comezos de ano o alcalde anunciou que o maio se queimaría na praza maior parece que, finalmente, esta festa de interese turístico manterá a súa esencia. De once a dúas da tarde haberá xogos populares, a exposición do maio estará dende as once da mañá pola rúa do paseo, Padre Feijóo e Lamas Carvajal. Tamén haberá ruada de cabezudos e música tradicional. Para pechar o día Treixadura estará na praza maior ás sete e media, despois da entrega de premios ao canto das mellores coplas.

Vicente Risco publicou en “Vida gallega”, en novembro de 1956, un artigo titulado “Viejas costumbres de Ourense: mayo y magosto”, no que facía fincapé na dimensión estética desta tradición. Precisamente a beleza e a orixinalidade serán valoradas, no Barco de Valdeorras onde, tras dous anos sen celebración, recupérase o concurso. En Verín tamén retoman a programación presencial. Tamén conmemoran o nacemento de Enrique Gómez Pato, que “cando apareceu en Verín, fixo unha estrutura de madeira chea de musgo e flores, metíase dentro e cantaba as coplas que cantaba durante todo o ano".

Será unha fin de semana para retomar a celebración da primavera a través duns maios que, volvendo ás palabras de Risco, son “una garantía de perennidad de un espíritu que, secretamente, nos sostiene y conforta”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00