Directo

SESIÓN DE CONTROL Sigue en directo la sesión de control al Gobierno en el Congreso

Salud y bienestar

Novo mobilario para a área recreativa da Veronza de Ribadavia

A Deputación instalará mesas e bancos de granito

César Rodríguez, cos técnicos Manel Rodríguez e Eva María Barrio / Alberte Paz; Alberte Paz Garza

Radio Ribeiro

A institución provincial ven de licitar un contrato para a compra e colocación de sete mesas de granito cos seus respectivos bancos na área recreativa da Veronza, no concello de Ribadavia. A actuación, coa que se substituirá por completo o actual equipamento de madeira, suporá un investimento de 14.060 euros por parte do goberno provincial e a execución das obras será dun mes.

O vicepresidente segundo da Deputación, Cesar Fernández, visitou a zona da Veronza onde se acometerán estes traballos, acompañado polos técnicos da administración provincial Eva María Barrio e Manel Rodríguez. “A renovación completa do mobiliario desta zona garante a súa resistencia ás inclemencias meteorolóxicas, mellorando a imaxe e a conservación deste fermoso entorno á beira do río Avia”, sinalou César Fernández.

Esta actuación encáixase dentro do convenio de colaboración asinado en 2003 pola Deputación de Ourense e a Confederación Hidrográfica do Norte -hoxe Miño-Sil- para as obras de desenrolo de acondicionamento da marxe dereita do Avia, a través do cal apostábase pola recuperación deste entorno natural.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad