Economia y negocios

En defensa do CGAI

Santiago de Compostela

A Asociación de Actrices e Actores de Galicia, a Asociación de Guionistas de Galicia, a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia, o Observatorio Audiovisual de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual asinan un comunicado conxunto sobre a situación do Centro Galego das Artes da Imaxe.

Nel pregúntanse quen se vai ocupar da conservación do patrimonio audiovisual galego se non o fai o CGAI. Entenden que a posibilidade de que o CGAI vexa aínda máis reducido o seu persoal conforma unha seria advertencia; "córrese o risco de desatender a tarefa de restaurar, conservar, catalogar e manter como ben público a memoria visual deste país" nun momento no que a irrupción da tecnoloxía dixital supón un reto no traballo de arquivo.

Segundo o comunicado difundido hai que reverter a tendencia e manter e facer medrar os recursos do CGAI que deberán ser unha prioridade cultural deste país. Remata o mesmo esixindo que "unha entidade de tanta importancia e peso sexa xestionada adecuadamente, dotándoa do persoal e medios necesarios para o seu óptimo funcionamento".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00