Jueves, 02 de Julio de 2020

Otras localidades

A PASTORIZA

Nía Perona gañou o segundo concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira

Entre os 167 traballos presentados tamén foron premiados Hugo Santiso, Marta Varela, Nerea Pernas e o centro escolar Fontem Albei, da Fonsagrada

Entrega de premios do I Concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira, en agosto de 2015

Entrega de premios do I Concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira, en agosto de 2015 / Facebook Comunidade de Veciños Reigosa

“Agora non soa o vento” de Nía Perona, do IES Fontem Albei da Fonsagrada, resultou ser o traballo vencedor do segundo ciclo de secundaria e o mellor valorado polos membros do xurado.

Na categoría de segundo ciclo de primaria o gañador foi Hugo Santiso, do CEIP Antas de Ulla, co texto “Extra, extra, extra...” e no terceiro ciclo a gañadora foi Marta Varela, do CEIP O Salvador da Pastoriza, coa súa obra 'O soño dunha viaxe a Irlanda'. Amais de Nía, en secundaria, Nerea Pernas, do IES Basanta Silva de Vilalba impúxose no primeiro ciclo coa súa redacción “A paisaxe dos meus soños”.

Formaron parte do xurado avaliador do concurso profesionais recoñecidos do sector da comunicación e da docencia, todos eles amigos de Mariña Folgueira, veciña de Reigosa homenaxeada neste acto. A escritora Rosa Aneiros, o xornalista Luís Celeiro, a profesora de literatura e funcionaria da Xunta, Ángeles Blanco, o crítico literario Carlos Díaz Abraira e o diretor de programación da TVG, Fernando Rodríguez Madriñán foron os encargados de seleccionar estes catro nomes de entre os 167 traballos presentados.

Todos os nenos premiados levarán como recoñecemento un diploma, un lote de libros e unha tablet. O centro da alumna máis votada, neste caso o Fontem Albei da Fonsagrada, tamén recibirá cunha escultura (Peiteando o porvir) do lucense Luís Loureira, unha peza de madeira de nogueira e ferro esmaltado e pintado.

A asociación veciñal de Reigosa agradecerá a alta participación agasallando os non premiados cun libro. O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro 16 de agosto, ás 16:30h, no Centro Sociocultural Mariña Folgueira de Reigosa (A Pastoriza).

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?