Última hora

Irán denuncia explosiones en su territorio y activa las defensas aéreas

Actualidad
DEPENDENCIA

Marta Capeáns: “A Xunta actúa con recochineo no pago de axudas e atrasos da dependencia”

A presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia denuncia que "son premeditadas" as subvencións de menos de 30 euros ao mes para as persoas coidadoras de dependentes

Marta Capeáns, presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (03/09/2016)

Marta Capeáns, presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (03/09/2016)

11:10

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1472903887_705329/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

A presidenta do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, Marta Capeáns, denuncia que a Xunta actúa con "recochineo" na concesión de axudas e o pago de atrasos por dependencia.

Nunha entrevista concedida a Radio Lugo Cadena Ser, emitida na Mesa de Redacción de Hora 14 deste sábado tres de setembro, alertou de que as administracións pretenden "desmantelar" a dependencia a través de trámites farragosos e axudas miserentas. 

Marta Capeáns / Cadena SER

Estas afirmacións chegan logo de coñecermos esta semana o caso dun matrimonio da provincia de Lugo ao que a Xunta concedeu unha axuda de 10,18 euros ao mes por dependencia de grao I para coidados no entorno familiar de tipo parcial.

A Xunta sinala na resolución que a persoa coidadora ten unha capacidade económica mensual de 564,78 euros. Ademais, recoñece 468,86 euros en atrasos dende 2011, ano en que foi solicitada a axuda, que serán aboados a razón de 58,61 euros al ano dende 2017 ata 2024.

Ademais de atacar a xestión política da dependencia, Capeáns puxo de manifesto que o Sergas e os servizos sociais serían os encargados de atender ás persoas dependentes en caso de non existiren as axudas para o coidado no entorno famiiar, o que incrementaría os gastos para as arcas públicas ata vinte veces.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00