Política
Xunta Galicia

Investimentos desde 70.000 euros mediante préstamos a partir de 49.000

O director do Igape, Javier Aguilera, destaca a valoración especial dos proxectos relacionados cos obxectivos da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 e da Estratexia de Especialización Intelixente RIS3

O director do Igape, Javier Aguilera, destaca a valoración especial dos proxectos relacionados cos obxectivos da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 e da Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 / CEO

Ourense

O director do Igape, Javier Aguilera informou en Ourense sobre as características da nova liña de préstamos directos que vén de publicarse no DOG para financiar investimentos das Pemes, especialmente das industriais.

Durante a súa intervención nunha xornada técnica desenvolvida na sede do CEO,Aguilera destacou que, xunto coa viabilidade dos proxectos de investimento presentados, valorarase de xeito especial a súa vinculación coas actuacións innovadoras impulsadas pola Xunta mediante a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0 e da Estratexia de Especialización Intelixente RIS3.

Con estes préstamos directos do Igape poderán financiarse investimentos tanto para a creación de novas instalacións produtivas en Galicia como os centrados na diversificación ou na introdución de melloras relevantes nos procesos de produción existentes.

A nova liña de apoio publicouse no DOG o pasado 9 de setembro, e está deseñada para o financiamento de investimentos empresariais a partir de 70.000 euros mediante a concesión de préstamos a partir de 49.000 euros. Os prazos de amortización serán de ata 11 anos, podendo incluír un de carencia.

Os xuros das operacións de crédito serán fixos e calcularanse con respecto ao euríbor vixente, sumándolle un diferencial que dependerá da contía da operación e das garantías incorporadas. Para os tramos do préstamo garantidos mediante aval bancario ou dunha Sociedade de Garantía Recíproca (SGR), este diferencial será do 0,10%.

Durante a xornada técnica celebrada en Ourense, responsables do Igape informaron tamén sobre os préstamos bonificados ou avalados para facilitar os investimentos ou o normal funcionamento de Pemes, autónomos ou emprendedores. Pola súa banda, un representante da SGR Sogarpo participou cun relatorio sobre o acceso ao financiamento das pemes.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00