Últimas noticias Hemeroteca

Viernes, 03 de Abril de 2020

Otras localidades

CORONAVIRUS | Minuto a minuto CORONAVIRUS | Minuto a minuto Italia prorroga el confinamiento por el coronavirus al menos hasta el 2 de mayo
HISTORIAS DE VIDA

O labrador que se fixo mestre

Natural da Fonsagrada, tras facer a mili e emigrar, Manuel, estudou o bacharelato nun tempo récord e exerceu como mestre ata xubilarse. As "terribles" historias da guerra e a súa visión crítica da relixión e do sistema marcan o seu pensamento

Manuel Eiros Fernández

Manuel Eiros Fernández / Cadena SER

Manuel Eiros Fernández naceu fai 89 anos no lugar de Veiga de Arroxo na Fonsagrada. Foi labrador, xa de moi cativo tiña que coidar do gando da súa casa. A súa ansia era estudar, pero non podía. Logo de facer a mili vaise de emigrante, primeiro a Barcelona e logo o País Vasco onde traballa de peón de taller. Daquela decide poñer en practica o que máis quixo: estudar. En tres anos fai o bacherelato elemental e o superior, cando tiña que levar seis anos facelos.

Continúa e faise mestre e como tal exerceu ate a súa xubilación. Lembra como na súa terra déronse terribles asasinatos nos tempos da guerra como a partida do Comandante Moreno da que lembra as súas coplas.

Manuel é ácido e crítico coa relixión e mesmo co sistema.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?