Viernes, 14 de Agosto de 2020

Otras localidades

Momento Coruñento

Os Cánticos da Coruña (dende as brétemas de Ponteareas)

O meu nome é o da Cidade Alta

nacido onde a luz e o mar se están orixinando mutuamente...

Penso que é ben acaído comezar este primeiro momento do ano con poesía. No seu libro póstumo “En Concreto”, Luísa Villalta identificou a súa palabra coa propia Coruña: Cidade tatuada na pétrea pel do mar.

Así llo comentei en tempos a Manuel María: Velaí o primeiro poemario integramente coruñés. Non señor –corrixiume- nos anos trinta xa apareceu “O Poema da Cruña” do Padre Rubinos. Como sempre sorprendeume a erudición do mestre. Ademais dunha residencia, detrás dese nome hai tamén un poeta: Xosé Rubinos nado en 1898, xesuíta, moi novo embarcou cara América.

Algúns dos títulos do libro: “O Orzán”, “A melodía do Pesqueiro Cruñés”, “Sentimento na Sombra duns Carballos de Monelos”, “A Fonte da Rúa Ancha de San Andrés”... E por suposto a Coruña como cidade-barco:

Semella branca nao que sempre emproa

Pra ir buscar ao emigrado, e xa axeitada

Agarda sô que brille a certa estrela.

Unha Torre é cal mástel qu'a coroa.

E un Castelo é bourel qu'a ten pousada.

Un tempo despois volvín recuncar no argumento con Miguel Anxo Fernán Vello: “En Concreto”, o primeiro grande cántico á Coruña...ben, despois do libro do Padre Rubinos.

- Equivócaste -díxome-, honremos tamén a “Nau Enfeitizada” de Xosé Devesa Monterroso.

A Cidade Velha é o espírito, o recanto no que Marineda cavila na súa beleza. Pola Baía ela olha a Galiza. Polo Orzán, otea o infinito.

O “Poema da Cruña”, “Nao Enfeitizada”, “En Concreto” participan das mesmas imaxes, vimbios invisibles do cosmos que nos conforma. Di Xosé Devesa:

(...) o vento é cuase o elemento esencial da vila, como se, no primeiro abrente, daqui saira a brisa recén creada.

Ás veces un pensa que, de ter un lenzo forte abondo para o colher entre duas torres, ao jeito dumha vela, a Marineda de Emilia botaria-se por eses mares de Deus, á procura da absoluta liverdade para que a foi nada..

E continúa Luísa:

(...) outra vez, sempre o vento dos ventos

rodeando este ponto no mundo:

Cabeza, Garda, Chave, Forza e Antemural do reino renacido.

Os cánticos da Coruña. Bos argumentos en clave de alta poesía, para rebatir a aqueles, refírome a actual dirección da Autoriadade Portuaria, que pretenden reducir a un negocio, e negocio de cemento, a parte máis significada da cidade, a propia Ribeira da Coruña, pois é a súa orixe mesma. Esa antiga praia do Parrote, un marabilloso entorno de costa que administran pero que non é deles ( porque pertence por dereito propio ao conxunto da cidadanía) .

Alta poesía e boas travesías pois, neste 2017, para a tripulación da cidade-barco.

Xa o dixo, o Gran Poeta de Cangas, Bernardino Graña: En lugar de máis cemento,tamén aquí na Coruña, Medre Mar

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?