Últimas noticias Hemeroteca

Sábado, 14 de Diciembre de 2019

Otras localidades

Demasiado castigo para o Burela FS

Os Laranxas encaixaron seis goles. Chano e Iago Miguez foron expulsados

Un momento do Levante - Burela /

O Pescados Rubén Burela FS non puido pechar a primeira volta con boas sensacións, caendo 6-1 na casa do Levante UD.

Ficha técnica

Levante UD DM: Yeray, Lucho, Sena, Borja Milán, Pizarro, cinco inicial; tamén xogaron Cecilio, Emilio Buendia, Kiko Berrocal, Márquez, Tripodi, Álex Oviaño, Sergi

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Iago Míguez, Matamoros, Iago Rodríguez, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Isi, Chano, Renato, Hélder

Goles: 1-0, minuto 7, Emilio Buendía; 2-0, minuto 16, Kiko Berrocal; 3-0, minuto 17, Emilio Buendía; 3-1, minuto 27, Iago Rodríguez; 4-1, minuto 33, Emilio Buendía;5-1, minuto 38, Emilio Buendía, 6-1, minuto 39, Álex Oviaño

Árbitros: Juan Cerda // Martínez García (Colexio Balear). Por Levante, amarela a Tripodi (minuto 28). Por Burela FS, amarela a Iago Míguez (minuto 12 e 34), Chano (minuto 15 e 31)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 15 de Primeira División LNFS disputado no pavillón de El Cabanyal

Aos mariñáns pesoulles demasiado o electrónico en contra. No segundo período puideron traballar con firmeza pola remontada co 3-1 de Iago Rodríguez, aínda que as expulsións de Chano e Iago Míguez lastraron en exceso a tentativa. Os burelistas tiveron que loitar co marcador en contra desde o minuto 7, cun remate de Emilio Buendía que perforu a rede tras pase diagonal de Cecilio.

No minuto 13, Edu, nunha espectacular man, desbaratou o segundo dos locais, de novo nas zapatillas de Buendía. Antes, no ecuador do primeiro acto, Iago Míguez dispuxo dunha perigosa ocasión para a igualada.

A falta de 3 minutos para o descanso, os mariñáns optaron por xogo de cinco, tras o 2-0 finalizando Kiko Berrocal o contraataque iniciado por Lucho. Con todo, a aposta non acompañou os intereses do Pescados Rubén, que segundos despois encaixou o 3-0, de novo nun pase de Cecilio para Emilio Buendía.

Segunda metade

Ata o minuto 27 resistíuselles a portería aos de Daniel Ibañes, que reduciron distancias con firma de Iago Rodríguez. Tan só un minuto despois o 9 laranxa volveu poñer en apertos o meta valenciano, aínda que sen éxito.

Tras a expulsión de Chano, que viu a segunda amarela no 31, Emilio Buendía subiu o 4-1 no 33, no terceiro da súa conta particular, aproveitando a superioridade. Pouco despois, as filas laranxas volveron ser castigadas coa marcha de Iago Míguez aos vestiarios, tamén por dobre amarela.

A falta de 3 minutos, volveu o porteiro xogador á pista para os burelistas; Renato tentouno de lanzamento cruzado, sen fortuna. Non erraron os locais, de novo nun inspirado Emilio Buendía (5-1, minuto 38), completado por Álex Oviaño (6-1, minuto 39).

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?