Domingo, 09 de Agosto de 2020

Otras localidades

Momento coruñento

Daniel Carballo, a estatua descoñecida

Saímos do Nadal, –son da rúa da Torre- xa penso no Antroido:

La estatua Curros Enríquez

Le dijo a la de Carballo

Bájese del pedestal

Si quieretormarse un baño.

O mestre Canzobre reivindica nesta cántiga, a Daniel Carballo, un político con mala sorte. Pois, con estatua e todo, velaí se mantén na intemperie, no centro mesmo da cidade, diante dos nosos ollos, sumido no máis absoluto dos esquecementos.

Falo desa efixie peraltada no estremo dos xardíns de Méndez Núñez, a que dialoga en silencio co magno monumento que o escultor Asorey creou en honra de Curros Enríquez.

Si, estou certo que lle ten pasado como a min. Dende neno crin que esa estatua, a carón do edificio da Terraza, pertencía ao heroe da batalla de Callao, o da honra sen barcos, ou sexa o propio Méndez Núñez.

E non, cando pase por diante, fíxese ben na lenda do pedestal:

Daniel Carballo. Aquel que naceu na Coruña en 1824, no número 1 do Cantón Grande. Foi deputado en Cortes, impulsor do ferrocarril, do porto, do proxecto de Palacio Municipal, do derrubo das murallas, dos cuarteis da Atocha, do Hospital Militar… En fin, Daniel Carballo Cousido, hoxe, un ilustre descoñecido.

Nun currucho do xornal La Opinión do sábado, anunciábase que onte o concello comezaría os traballos de restauración do monumento.A nova achegaba outros datos, para min até o momento igualmente descoñecidos: O seu autor foi o escultor catalán AgustínQuerol e deseñou o pedestal - realizado pedra arenisca de Novelda- o ilustre e fecundo en obra, arquitecto municipal Pedro Mariño.

Gloria de novo a Manuel Canzobre, un dos poucos que reivindicou –con música- a figura de Daniel Carballo.E tamén a súa dignidade, diante do ataque constante do guano. Isto é, como se lle di en plan fino, a caca de gaivota.

La estatua curros Enríquez

Le dijo a la de Caraballo

Bájese del pedestal

Si quiere tomarse un baño.

Como quiere que me baje

Si no tengo bañador

Aunque estoy lleno de jiña

Aun me queda pundonor.

Daniel Carballo que agora, por fin, recuperará o decoro grazas a esta restauración. Protagonista do corpus antroideiro coruñés, grande honra. Pois tan importante épara a fama futura dunha persoa os feitos que teña desenvolto , como o poeta que llos loe.

Afortunado Aquiles, que tivo a Homero, para cantar as súas fazañas en Troia. Tamén Eneas, cantado por Virxilio. Afortunado Daniel Carballo, que tivo a Canzobre, para que nunca na Coruña se esqueza o seu nome –agora con estatua recuperada- no tempo do Carnaval.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?