Últimas noticias Hemeroteca

Sábado, 23 de Noviembre de 2019

Otras localidades

Pedraza quédase no Lugo

Segundo puido saber Radio Lugo, o xogador non quere moverse do equipo albivermello

Alfonso Pedraza, xogador do CD Lugo /

O extremo esquerdo do Club Deportivo Lugo, Alfonso Pedraza, quedará no cadro albivermello, cando menos, ata que finalice a tempada. Fontes de primeira man coñecedoras da situación e dos últimos movementos arredor do xogador afirmaron que o atacante cedido polo Vilarreal non ten interese por moverse do Anxo Carro.

As mesmas fontes apuntaron que o futbolista que está a ser unha das revelacións da Liga 1,2,3 está moi contento e integrado na cidade lucense, e non hai ningunha posibilidade de que marche cedido ao Spórting de Gijón, como trascendeu na prensa durante os últimos días.

Toda a información en Ser Deportivos Lugo, ás 15:30, con Jose Areñas.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?