Últimas noticias Hemeroteca

Domingo, 17 de Noviembre de 2019

Otras localidades

O Lugo faise co ucraíno Vasyl Kravtes

O lateral esquerdo chega do Karpaty ucraíno cedido ata o final de tempada e con opción de compra

O CD Lugo ficha a Vasyl Kravets /

O Club Deportivo Lugo vén de facerse cos servizos do futbolista internacional ucraíno en categorías inferiores Vasyl Kravets. O xogador xa presenciou o encontro de Liga 1,2,3 que o cadro lucense disputou a pasada fin de semana ante o Nàstic.

Kravets chega ao CD Lugo procedente do Karpaty, último clasificado da liga ucraína, que se atopa no seu parón invernal ata o 26 de febreiro. O xogador é lateral esquerdo e mide 1,85 metros. Chega cedido ao cadro albivermello ata o final de tempada, con opción de compra.

Kravets asinando o seu contrato con Tino Saqués, presidente do Lugo / CD Lugo

Este é o segundo dos reforzos invernais do CD Lugo tras a chegada no mes de decembro de Fede Vico.

Highligihts de Vasyl Kravets, novo xogador do CD Lugo

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?