Jueves, 06 de Agosto de 2020

Otras localidades

Momento coruñento

A fonda do Parrote

Atención señora, estes días espállase polas rúas, boca a ouvido, unha terrible noticia. Queren converter nun negocio e nun negocio de cemento, a parte máis significada da cidade: a ribeira do Parrote. Pois esa praia sepultada e o seu entorno, co hotel Finisterre, foi o porto primeiro da Coruña, a súa orixe mesma.

Así se conta a historia dun xeito tradicional. Na época romana existiu aquí unha cidade: Brigantium. Na Alta Idade Media os seus habitantes tiveron que abandonala fuxindo dos ataques dos piratas normandos, e buscaron protección no fondo da ría, no Burgo do Faro.

Mais chegou un novo tempo, cando aqueles mariñeiros decidiron deixar de estar baixo a protección da Igrexa e do señor feudal, e vararon os seus galeóns na praia do Parrote. Nese momento nace A Coruña para a historia. A cidade libre, a cidade barco, “cidade tatuada na pétrea pel do mar”, como cantou Luísa Villalta.

Praia do Parrote, porto primeiro, orixe mesma da Coruña.

A proba maior de que os terreos do actual hotel Finisterre eran propiedade do Concello é que este edificio está construído sobre o predio do antigo cárcere. Aquel que se unía cun arco co edificio da audiencia, para que os condenados pasasen ao dereito do xulgado a nova residencia.

O vello cárcere –ese que aparece nas fotos das primeiras décadas do século XX- foi convertido na súa última época en prisión de mulleres: A fonda do Parrote coñecida, en lugar do tan estrelado hotel Finisterre, directamente como Chapela.

Si Chapela, denominación cun aval de auténtica autoridade: As cantigas de Carnaval do “Marqués de Pibela y Brazos Cortos”.

Nunha das súas pezas, dos anos vinte, narra o ilustre antroideiro a rebelión das peixeiras do Muro. En lugar de vender o peixe a lotes, como fixeran sempre, unha nova normativa obrigábaas a pasar pola peneira da báscula. O conflito foi importante porque ao final estas mulleres todas acaban na fonda do Parrote, ou sexa o cárcere de Chapela, ou sexa o actual hotel Finisterre:

 (...)

Estaban las pescaderas,

formando tal chillería,

que parecía, señores,

aquello una romería:

“Afora as balanzas,

que as colguen na panza”

-gritaban desesperadas-

“e para que as queremos

se nunca podemos

vender máis que xureladas.

Pois o resto do pescado

non queda ningún aquí,

resultando que os fresqueiros

levan todo pra Madrí”.

Como no aceptaban el peso

y andaban vendiendo

el pescado a lotes

Me las agarraron

y a todas llevaron

a la fonda del Parrote.

Cuando las tuvieron dentro,

me dijo una compañera:

“Se tivéramos de aquelo

non viñamos pra Chapela”.

A fonda do Parrote, o hotel Finisterre e o cárcere de Chapela. Historias da cidade-barco que debemos coñecer se queremos construír outro futuro. Dixérono en París no 68, e confirmámolo na Coruña no 2017, xa sabe señora: debaixo do cemento está a praia.

Medre o Mar!

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?