Sábado, 08 de Agosto de 2020

Otras localidades

O momento coruñento

'Os días pintados' de Correa Corredoira

Ollos que gozan. Pracer infinito de entrar nunha casa que é a túa, porque un gran mestre desta tribo a foi construído, dende hai máis de corenta anos, xornada a xornada, noite a noite, cos seus lenzos para ti.

Son 'Os Días Pintados'. A primeira exposición antolóxica de Xabier Correa Corredoira. Dende este venres na Fundación Luis Seoane, na Cidade Alta, a iluminar A Coruña toda.

Xabier Correa, que é La Galga, Atlántica, Grupo Orzán, Italia, viaxe a México, baía de Cádiz. En fin, gran señor da bohemia coruñesa. Protagonista primeiro daqueles oitenta, cando a cidade inspirou forte -deixou atrás o triste discurso provinciano- e decidiu converterse nunha factoría de talento.

É cidade ou é narval ? Coa estrela das hélices Aguillada no corno?

Versos do propio Correa Corredoira, o autor de 'Resina de Poliéster': o poeta que pinta con precisa emoción.

Porque na Coruña non existe a arte local, pois cando se pon en valor o argumento maior que a define: o mar, agroma ao instante un ventoaberto, viaxeiro e cosmopolita.

Agroma Xabier Correa, o neto do señor Braulio, aquel patrón de Bouzas que recalou para sempre no Muro co seu barco, o Castiburón.

'Os días pintados' exposición que abraia. Catro décadas de pezas concentradas nun golpe de vista, collage total que inunda, soborda os recunchos todos da fundación Luis Seoane. Luces miúdas, tamén obras inmensas, tamaño colcha, pois algunha colcha estolada que apañou pola rúa, acabou sendo o lenzo –velaí a súa Crucifixión- no que pousou o mellor do seu talento.

Unha vez fun testemuña da marabilla. O transo creativo. Nun evento, en menos dunha hora, Xabier rematou dez obras sobre longas táboas diante de todos nós. Pintura orgánica, creación e suor,enfouzado el mesmo en mil cores.

Xabier Correa Corredoira, o mesmo furor creativo que cada día, berra vida,cara as Sisargas, cara Ferrol e Irlanda, cara Nova York, nesa Rosa dos Ventos que pousou para sempre ao pé da propia Torre de Hércules.

É cidade ou é narval ? Coa estrela das hélices Aguillada no corno?

'Os días pintados', Xabier Correa Corredoira, señor maior da bohemia coruñenta, na fundación Luis Seoane. Moitas grazas mestre !

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?