Últimas noticias Hemeroteca

Jueves, 14 de Noviembre de 2019

Otras localidades

A Valedora do pobo mediará na investigación do Matadoiro Municipal

O Concello dispón de 15 días para remitir á valedora toda a documentación referente a este caso.

O Concello dispón de 15 días para remitir á valedora toda a documentación referente a este caso. /

Ourense en Común recibía o pasado venres a notificación oficial da Valedora do pobo, confirmando que admite a trámite a queixa do grupo municipal en referencia ao acceso á información no seguimento da xestión do Matadoiro; a oficina da valedora iniciaba así as actuacións oportunas para velar polo acceso aos expedientes, outorgando 15 días ao Concello de Ourense para remitirlle os preceptivos informes sobre este caso.

Tras cinco reunións, a comisión municipal constituída no pasado mes de marzo a petición de Ourense en Común para investigar as presuntas irregularidades na xestión do matadoiro, continúa sen esclarecer os motivos polos que existen desaxustes entre os datos de control sanitario e os partes entregados ao concello pola xerencia, e incongruencias nas liquidacións das taxas que a empresa paga como canon á administración municipal.

No curso da comisión, contrastando o libro de rexistro do matadoiro e a documentación que éste aporta ao Concello, Ourense en Común evidenciou desfases no reconto de cabezas de gando que a concesionaria declara para o pago de taxas, unha cuestión que podería esclarecerse con documentación que está negando a Consellería de Sanidade.

Ourense en Común solicitaba a finais de xaneiro a mediación da figura da valedora na defensa do acceso a esta información pública, co fin de executar correctamente a súa labor fiscalizadora e de protección dos dereitos das veciñas e veciños de Ourense.

Os datos requiridos, contrastados co resto de documentación coa que conta o Concello e os propios libros de rexistro do matadoiro, permitirían poñer luz sobre as graves sospeitas de irregularidades na xestión da empresa concesionaria.

A empresa atópase actualmente prestando o servizo de xeito prorrogado, despois de que o anterior Goberno municipal acordase en 2013 manter esta xestión privada; unha prórroga que se realizou con informes xurídicos que xa daquela cuestionaban a súa idoneidade.

A comisión de investigación do Matadoiro reunirase novamente o xoves desta semana.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?