Jueves, 06 de Agosto de 2020

Otras localidades

Momento coruñento

Dicionario antroideiro coruñés II: César Sanjosé

A estas alturas estaría a piques de principiar as súas vacacións. Dende unhas semanas antes do comezo oficial da festa, disfrazado de Carrapuchiña Vermella, Abella Malla ou Isabel La Católica, anunciaba polas rúas a revolución do Antroido. Falo de César Sanjosé, choqueiro maior da rúa da Torre. Entrega necesaria, como prometemos, deste dicionario antroideiro coruñés.Todos o coñecemos, César foi durante décadas o camareiro de voz profunda da cervexaría Estrella. 350 días ao ano de sobriedade e discreción absoluta. E dúas semanas de loucura festeira –tiña de ser- entregado as intensidades do Carnaval. Naceu en terra de artistas, na propia rúa da Torre, a poucos metros de onde o señor Canzobre ensaiaba co seu mariachi. Emigrou de novo a Inglaterra. Adaptouse axiña e, aos poucos, recibiu unha grande oferta laboral: Converterse en xefe de persoal nun novo hotel en Australia. César informouse ben. E aínda que a oferta era inmellorable, finalmente dixo non: Alí, nas antípodas no celebran o Antroido.

“No Campo da Leña, colocábanse os jipis (sic) da policía nacional para que non pasasen os choqueiros a centro da Coruña.”, tal me tiña contado moitas veces. Naqueles anos heroicos, xa que nin a base da paus conseguían eliminar a festa, as autoridades franquistas montaban barricadas para que os antroideiros non escandalizasen o centro da cidade coa súa presenza. Mais, ao final, sempre cruzaba algún choqueiro-kamikaze.

A César tampouco había jipi que o detivese. Era un superdotado do Carnaval. A súa voz competía en vatios coas megafonías dos bares todos, e gañaba. Durante estes días, tanta era a súa entrega que case nin visitaba o leito. Iso si botaba pequenas sestucas reparadoras na Taberna do Canto do Cuco (rúa Miguel Servet), nunha mesa distinguida por Raúl, o propietario,como “El Rincónde Mr. César”. Os Maracos, comparsa gloriosa, colocaron neste lugar unha placa que, entre outras loanzas, incluía a letra da súa canción preferida:

En la casa de Irene, entró un inglés,

que, por cuatro pesetas, quería comer.

E Irene le decía: no puede ser,

que aquí no se trabaja para el inglés.

Dende hai uns aniñosCésar xa non aparece como anxo do Antroido. Ten outra cita máis imporante: a eternidade. Mais aínda que non estea, xa o sentimos no arroallo deste tempo. Porque estou certo, señora, que habemos atoparnos choqueiros na rúa da Torre, tal como César Sanjosé nos ensinou, “co grelo na man, a flor do Carnaval”.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?