Domingo, 09 de Agosto de 2020

Otras localidades

Momento coruñento

Aquela tarde con Paco Souto

Quero recomendarlles unha taberna importante, Casa Chencha, na rúa San Xosé (ou mellor de César San José, tal como foi rebautiazada polos Maracos en honra do Choqueiro Maior). Detrás da barra, Xulio que, antes de taberneiro, é primeiro, e dende sempre, percebeiro. Ou sexa que os produtos do mar que nesta casa se ofrecen, foron collidos directamente pola súa man, ao pé da Torre, nas rochas do Gaivouteiro, ou na gran enseada do Xogadoiro. A Chencha, mostra maior de como pór en valor a excelencia deste océano que nos rodea.

Ademais do corpo, casa Chencha tamén alimenta a alma. Por iso campan no alto do local -altar da bohemia- os retratos do pintor Xaime Cabanas e Pucho Boedo. Por iso, hai uns días, entre outros moitos eventos, celebrouse aquí un recital-homenaxe dedicado a Serafín Mourelle, o gran patrón de Corme, descubridor de novos mares ao oeste de Irlanda.

Unha sesión que serviu tamén para recadar os fondos que garantan a edición de "Costra de sal e iodo", o conxunto da obra poética de Mourelle.

Abenzoada cidade esta, na que algúns patróns do Gran Sol, son tamén grandes poetas.

O acto foi emocionante, talento compartido en múltiples voces. E o orzamento para o libro claramente superado polas achegas das persoas presentes.

A pesar de tantas sinerxias, a edición da obra de Mourelle vaise demorar moito máis do previsto. Dende hai uns días, ben poucos, xa non está entre nós o principal impulsor deste proxecto, Paco Souto.

Aínda que vostede non sexa seareiro da literatura, sei perfectamente que lle soa o nome. Paco Souto, o percebeiro que a semana pasada finouna rochas de Razo. Un grandísimo poeta. Un home xeneroso, envolto dende a primeira adolescencia en mil iniciativas vencelladas á cultura e á xustiza social.

Paco Souto, un de Monte-Alto, familia de Oseiro, que decidiu armar a vida coa súa compañeira Emma, pola banda da Costa da Morte.

Non quero dicir máis, cando xa se ten dito todo.

Paco Souto, hai unhas semanas volvía ao barrio paraacoller con ollos risoños os versos de Mourelle. As máis grandes historias, tamén as máis tristes, están en nós. Só uns días despois, aquel a quen máis quería, o mar, levouno para sempre...

E non hai dereito.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?