Últimas noticias Hemeroteca

Sábado, 14 de Diciembre de 2019

Otras localidades

IX Torneo de primavera

Casi medio centenar de ximnastas de 29 clubes e escolas galegas e das comunidades de Asturias e Castela León, dironse cita no pavillón dos Remedios de Ourense

Éxito no Torneo Primavera de Ximnasia Rítmica, que se disputou no pavillón dos Remedios, o pasado domingo 23 de abril /

Este domingo día 23 de abril, casi medio centenar de ximnastas de 29 clubes e escolas galegas e das comunidades veciñas de Asturias e Castela Léon, deronse cita na cancha Central do Pavillón dos Remedios no IX Torneo de Primavera de Ximnasia Rítmica organizado polo club Ximnasia Pavilllón.

O Torneo foi convocado para os niveis de promoción (individual e conxuntos), base (individual e conxuntos) e individual federado. Non se puido dar cabida a todas as categorías debido a que habería que contar, dese modo, con dúas xornadas completas. Á súa vez, os conxuntos de nivel escolar puideron aproveitar para unha primeira toma de contacto con tapiz antes das fases de Copa Deputación e competición de nivel escolar.

A xornada de tarde foi a que mellor se deu para os clubes pavillónistas. Na categoría benxamín o Club Ximnasia Escola Pavillón é o único club galego que este ano participa no nivel Federado e os seus tres equipos foron os únicos participantes no Torneo.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?