Sábado, 08 de Agosto de 2020

Otras localidades

Momento coruñento

Oceánica manifestación

Abarrote no Parrote! tardei moito en descubrir que tal retrouso, auténtica proclama tribal, foi na súa orixe unha mera descrición: Abarrote no Parrote!, referido á fartura do banco marisqueiro que alí había –ameixa e berberecho a eito- e que desapareceu no 84, co cambio de correntes que trouxo a construción do peirao do Centenario.

Vivimos nunha cidade-barco, mais fomos educados como terrícolas. Afortunadamente imos recuperando día a día tal océano de memoria.

O vindeiro domingo, fito histórico, unha gran manifestación reivindicará para o conxunto da cidadanía ese gran patrimonio até agora esquecido. “Pola da defensa do Porto”, porque por fin tomamos consciencia da usurpación por mans privadas do propio Parrotee doutros terreos na liña de costa.

A Coruña do Mar. Neste proceso de descuberta lembro outro capítulo importante. Ano 99, cando o concello e a autoridade portuaria decidiron expulsar ás embarcacións de baixurapara transformar a Dársena nun porto deportivo.

“Paco esto no es Marbella, tú no seas Gil”, tal foi o resumo da indignación popular en forma de pancarta.

Entón o sector máis humilde, apropia baixura, ergueu firmea súa voz: Por que temos que marchar?

Lembro a Carlos Suárez ou a José María, do Mar Caspio. Acudiron aos vellos sabios, velaí Santiago Daviña, para declarase herdeiros directos do Antigo Gremio de Mareantes, e para amosarnos que a mesma Coruña nacera da súa man. Recunco unha vez máis no seu relato:

Na época romana existiu aquí unha cidade: Brigantium. Na Alta Idade media os seus habitantes tiveron que abandonala fuxindo dos ataques dos piratas normandos, e buscaron protección no fondo da ría, no Burgo do Faro.

Mais chegou un tempo, no que aqueles mariñeiros decidiron deixar de estar baixo a protección da Igrexa e do señor feudal, e vararon os seus galeóns na praia do Parrote. Nese momento nace A Coruña para a historia. A cidade libre, a cidade barco, “cidade tatuada na pétrea pel do mar”, como cantou Luísa Villalta.

A proba maior de que os terreos do actual hotel Finisterre eran propiedade do Concello é que está construído sobre o predio do antigo cárcere. Aquel que se unía cun arco co edificio da Audiencia, para que os condenados pasasen ao dereito do xulgado a nova residencia. A fonda do Parrote, coñecida, directamente como Chapela.

Hai tan só uns poucos anos na listaxe de reivindicacións colectivas ninguén pensaría no mar. A propia formulación desta causa representa un grande triunfo cidadán.

Pouco a pouco, imos abandonando a condición terrícola para nos converter pois en rol da cidade-barco.

Este domingo, oceánica manifestación!

Abarrote no Parrote !Dixérono en París no 68, e confirmámolo na Coruña no 2017, xa sabe señora: debaixo do cemento está a praia. Medre o Mar!

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?