Últimas noticias Hemeroteca

Lunes, 01 de Junio de 2020

Otras localidades

A Pastoriza

Unha asociación cultural de A Pastoriza anima aos estudantes da provincia a presumir de terra

Convoca o 3º concurso de redacción xornalística Mariña Folgueira

Cultura: Unha asociación cultural de A Pastoriza anima aos estudantes da provincia a presumir de terra

Pixabay

A Asociación Sociocultural de Reigosa (A Pastoriza) convocou un ano máis o Concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira, que ten como fin pór en valor a cultura e a lingua galega a través dun concurso literario no que poderán participar estudantes de Educación Primaria e Secundaria da provincia de Lugo.

Presumo de terra é o tema central do certame, que ten tamén como obxectivo espertar nos escolares o interese por contar historias. A data límite de recepción das redaccións finaliza o 16 de xuño. As bases do concurso poden consultarse no Facebook da asociación de veciños.

Falamos con Maria López, vogal da Asociación de Veciños de Santiago de Reigosa

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?