Sábado, 11 de Julio de 2020

Otras localidades

Al cierre

Orgullo e prexuízo

Unha lingua é un achegamento ao universo das ideas, un xeito de reflectir a nosa percepción da realidade. Non existe intermediario que engada máis valor ao seu produto e saia tan barato. A lingua, pois, é ferramenta de transmisión, mais tamén prisma e enfoca ao mundo outorgándolle unha cor.

Porque entender a lingua soamente en termos utilitaristas é una visión torta, case cega, en branco e negro. Días antes de que nós celebráramos o Día das Letras, Salvador Sobral reivindicou ante a Europa de visións dominantes o espazo inmenso que se pode ocupar partindo dun recuncho. Coa súa lingua, irmá siamesa da nosa, amosou que a identidade é útil en si mesma, que non pecha portas senón que as abre dende o noso interior, que as emocións, aínda que universais, posúen en cada fala tinturas intraducibles que posibilitan algo máis que entenderse: comprenderse.

O antropólogo Josep María Fericgla explica que cada cultura entende e constrúe a realidade dando preponderancia a unha emoción básica. A nosa forma de estar e sentir o mundo guía a nosa fala, a escolla de pabras, toda a fábrica dos nosos sons. Os galegos, di Fericgla, temos unha relación especial coa melancolía, coa nosa morriña, conoso “eu morro” e experimentamos a alegría, e todos cantos sentimentos hai, dende un ángulo propio ¿Acaso non está istonalingua de Rosalía?

Non se trata de renunciar a outras riquezas, senón de non esquecer a nosa. Que o galego teña que pelexar o seu espazo, na súa casa, co inglés semella unha dimisión. Aínda coas nosas fallas, que asumimos, chamemos a un orgullo sen prexuizos, baseado no respeto.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?