Últimas noticias Hemeroteca

Domingo, 22 de Septiembre de 2019

Otras localidades

A Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo pasará por 13 concellos

A primeira etapa, este venres, discorrerá entre Lugo e A Pontenova

A saida dunha etapa da pasada edición da Volta Ás Comarcas, Desafío Volta a Lugo /

PROGRAMACIÓN

VENRES 26 DE MAIO

08.30 – 10.00 horas: Apertura oficina permanente recollida de bolsa do corredor e dorsais. Camión Podio, Praza Maior (Lugo)

10.00 – 10.50 horas: Concentración e control de firmas corredores. Lugo (Praza Maior)

11.00 horas: Saída neutralizada Lugo. Praza Maior (Lugo)

16.00 – 17.00 horas: Ginkana Desafío Volta Júnior. Colexio da Pontenova.

14.15 horas: Chegada primeiros participantes e apertura zona vestiarios.

Comida de participantes. A Pontenova (Pavillón deportivo)

16.30 horas: Saída autobuses participantes.

Con aloxamento: A Fonsagrada (Escola Hogar)

Sen aloxamento: Gran Hotel Lugo (Avenida Ramón Ferreiro)

20.30 horas: Cea participantes con aloxamento. A Fonsagrada (Escola Hogar)


SÁBADO 27 DE MAIO

07.00 – 8.00 horas: Almorzo participantes con aloxamento. A Fonsagrada (Escola Hogar)

08:15 horas: Saída autobuses participantes:

Lugo á Pontenova: Gran Hotel Lugo (avda. Ramón Ferreiro s/n)

A Fonsagrada á Pontenova: Escola Hogar

09:00 horas: Apertura aparcadoiro bicicletas e vestiarios. A Pontenova (Pavillón Deportivo)

09:00 – 09:50 horas: Concentración e control de firmas corredores. A Pontenova (Praza dúas Fornos)

10:00 horas: Saída Neutralizada A Pontenova. A Pontenova (Praza dúas Fornos)

15:00 horas: Chegada primeiros participantes e apertura zona vestiarios.

Comida participantes A Fonsagrada (Escola Hogar)

16:00 – 17:00 horas: Ginkana Desafío Volta Júnior. A Fonsagrada (Concello)

17:00 horas: Saída autobuses participantes sen aloxamento a Lugo. Gran Hotel Lugo (avda. Ramón Ferreiro s/n)

20:30 horas: Cea participantes con aloxamento. A Fonsagrada (Escola Hogar)

DOMINGO 28 DE MAYO

07:30 – 09:00 horas: Almorzo participantes con aloxamento. A Fonsagrada (Escola Fogar)

08:00 horas: Saída autobuses participantes desde Lugo á Fonsagrada. Lugo (Pazo de Feiras e Congresos)

09:00 horas: Apertura aparcadoiro bicicletas e vestiarios. A Fonsagrada (Escola Fogar)

09:15 – 09:55 horas: Concentración y control de firmas corredores. A Fonsagrada (Concello)

10:00 horas: Saída Neutralizada A Fonsagrada. A Fonsagrada (Concello)

12:30 – 13:30 horas: Ginkana Desafío Volta Júnior. Lugo (Pazo de Feiras e Congresos)

13:30 horas: Chegada primeiros corredores a meta e apertura vestiarios. Lugo (Pazo de Feiras e Congresos) e Pavillón O Palomar

14:00 horas: Comida Clausura e entrega de recordos conmemorativos Desafío Volta Lugo 2016. Lugo (Pazo de Feiras e Congresos)

A Volta ciclista ás Comarcas de Lugo 2017, Desafío Volta Lugo, arranca este venres con 176 participantes inscritos e o patrocinio principal do organismo provincial. Discorrerá por 13 concellos da provincia: Lugo, Castro de Rei, A Pastoriza, Riotorto, A Pontenova, Meira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Baleira, Castroverde, O Corgo, Láncara e Guntín.

O Goberno da Deputación de Lugo realizou unha achega de 65.000 euros para a celebración desta cita deportiva como dinamizadora da economía lucense, posto que terá un retorno económico aproximado de 100.000 euros para a provincia lucense.

Nesta terceira edición do Desafío, o número de participantes chegados de lugares tan dispares como Ibiza, Barcelona, León, El Bierzo, Asturias, País Vasco, Segovia, Madrid, Valencia ou Cáceres, supera incluso ao número de corredores das catro provincias da comunidade galega que contarán con representación neste evento cicloturista en bicicleta de estrada non competitivo.

Isto é un bo indicador do excelente escaparate que supón a Volta ciclista ás Comarcas para a promoción da provincia pola cantidade de xente que consegue reunir, xa que moitos dos corredores acudirán acompañados por familiares e amigos, e as súas diferentes procedencias.

Este venres terá lugar a primeira etapa, os corredores sairán ás 11:00 horas da Praza Maior de Lugo e chegarán á Rúa das Escolas, na Pontenova. En total, percorrerán unha distancia de 86,8 quilómetros, cun desnivel acumulado de 1.193 metros positivos, atravesando altos de montaña como o Alto de Lindín (3ª Categoría), o Alto de Cruz da Cancela (2ª Categoría) ou o Alto de Augaxosa (2ª categoría). Esta primeira etapa pasará polos Concellos de: Lugo, Castro de Rei, Pastoriza, Riotorto, A Pontenova.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?