Miércoles, 12 de Agosto de 2020

Otras localidades

Momento coruñento

Das tascas de antes

Longa saúde aos vellos taberneiros da Galera,

dos Olmos e do Orzán.

Ninguén nos volveu dar tanta gloria

nunha cunca de viño…

Tal escribiu Avilés de Taramancos, cando sentiu en Colombia sede desta ribeira. Brindemos, pois, polas tascas de antes . Os grolos máis saborosos son os que nunca volveremos probar.

O xornalista Javier Basilio, cando lembraba as súas canfurnadas con Urbano Lugrís e o propio Avilés, acudía decote á tasca do Crego. Nunca cheguei a saber se estaba na Galera ou nos Olmos. Conforme entraban o propietario guindaba tres cuncas polo ar que sempre “aterraban” no mostrador á altura dos tres bohemios.

Seino, bon mariñán, nas Calexas de Betanzos, baixo unha rama de loureiro, tes catado e cantado experiencias parecidas. O mesmo ramallo –anxo do viño novo- campaba xa no século XV nas tabernas dos sete outeiros de Lisboa. Así nolo conta Gil Vicente no “Pranto de María Parda”. Aquela velliña que, golpeada pola enfermidade da sede, decidiu facer testamento en favor dos seus mellores amigo: os viños de Portugal.

Velaí, nunha posible adaptación coruñesa, a listaxe dos seus herdeiros:

O viño do Bierzo que vendía Pepín na Canteira do Lagar. O viño da Rúa que enchen dende sempre os bocois do Dovao. E por suposto toda a selecta de taberneiros de antes que decidiron traspór á Coruña á xeografía do Ribeiro: O Beade, Odilo, As Tres Portiñas, O Nautilos en Catro Camiños. O mítico na Sanín na rúa Orzán, onde cada seareiro ten cunca co seu nome. Ou a marabilla do Cenlle, nos outeiros dos Castros, viño campión na feira de Ribadavia, grazas ao talento, gran colleiteiro, de Carrasco.

Lembro o viño , adobiado coas melodías de Cesáreo e os Peteras dos Belés. E por suposto, nesta cidade-barco cómpre citar aquel viño de Gato, solaz do Gran Sol. En terra non tiña bebedoiro. Mareado, despois dun par de temporais, virábase excelente.

Esta nostalxia é celebración. Como lles contei acaba de saír unha nova edición dos Contos da Coruña. Historias que fomos apañando nos micrófonos desta casa. Onde se honra esta saborosa secuencia das tabernas de antes.

O pasado é o futuro, dixo o filósofo. Por iso significaremos tal evento, o vindeiro vernes, na Casa Chencha, nova taberna cargada de mil historias. Na rúa de César Sanjosé, choqueiro maior. Con Xulio Montero, ao leme. Poeta e percebeiro. Guía para unha nova hostelaría. Cada anaco de mar que probes nesta casa –dende o polbo ao percebe- leva o nome da pedra Torre onde o apañou. E abofé, que non poden ser máis fermosos: Gueivouteiro, Xogadoiro, Xanrei.

Longa vida aos taberneiros de antes. Sabedoría de grolo e petisco, que entrou nos nosos corpos para inventar o futuro.

O venres vémonos na Chencha.

Medre A Coruña

Medre o Mar!

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?