Viernes, 07 de Agosto de 2020

Otras localidades

Momento coruñento

O clarinete de Nova York

Lembro ben cando entrei na casa do escritor Irlandés, Michael J. Carroll, en Bantry. Aquel salón cuspidiño á "habitación do vello Mariñeiro" de Urbano Lugrís. Entre todos os estímulos náuticos sinalou unha grande pintura enriba da cambota:

Tu esto lo conoces, verdad?

Mireina con atención. Efectivamente, tiña visto antes esa imaxe, aínda que non era quen de identificala. Unha paisaxe de ribeira, barcos, probablemente un pazo ou castelo detrás. Tiven que viaxar moito cara o espazo interior, até que atopei ese lugar na miña primeira infancia. Case o esquecera. Era o antigo varadoiro de barcos, situado en Santa Cristina, ao pé da ponte Pasaxe. Á volta, pregunteille ao meu tío Manolo, perillán, e contoume que lle dicían o estaleiro do Recollainas. Agora no seu predio está construída unha urbanización. Nada queda en Perillo dese varadoiro, nin sequera a súa memoria. Na casa de MichaelCarroll en Bantry, nunha vila no fondo dunha ría de Irlanda, si.

Unha viaxe cara as miñas propias orixes, pois perillana, do lugar da Canteira, é a familia da miña nai.

En moitas casas da Coruña as paredes choran. Falo desa area chorona utilizada no cemento da súa construción. Por moitos anos que pasennunca deixa de perder totalmente ese aquel de salgada humidade. Remóntome á década dos vinte do pasado século. Con só dez anos, Manuel traballaba cargando area en Santa Cristina, no lugar chamado precisamente Porto da Area, para as obras da Coruña. A fortuna quixo facerlle un agasallo polos camiños do mar. Un medio-irmán envioulle dende Nova York ( para cosmopolitas nós) os cartos cos que puido mercar un clarinete. Prodixiosa promoción persoal. Aquel neno, Manuel, deixou de cargar area chorona para se facer músico. Tocou primeiro nos Canosa de Dorneda. Un tempo despois, co seu primo Lolito Otero, fundaría a orquestra máis famosa das Mariñas: Os Satélites. E con ela chegaría a cruzar o mar, destino Venezuela.

Un saúdo para veciñas e veciños, para os familiares de Perillo.Todos temos no noso entorno crónicas moi fermosas que compartir. Foi un orgullo inmenso poder contar, neste momento coruñento, a historia de Manuel Eiroa, o meu avó.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?