Jueves, 06 de Agosto de 2020

Otras localidades

Momento coruñento

Oza e a danza do Sol

Axiña San Xoán, para que o aire se vire sardiñada, para que a praia do Orzán toda arda en mil lumeiradas.

O pasado domingo soubemos dun antigo ritual para honrar máis a dimensión cósmica desta festa. Foi nunha das sesións das Pantasmas de Oza – parabéns os organizadores, a Asociación de Veciños de Oza, Gaiteira e os Castros-. Da man do ilustre profesor, e colaborador desta casa, Xosé Alfeirán, soubemos da danza do Sol. Despois de choutar enriba das lumeiradas, despois da canfurnada da noite, moitas coruñesas, moitos coruñeses, achegábanse ao entorno da praia de Ozapara ver agromar o Sol entre os montes. E mesmo velo bailar –cun chisco de imaxinación, claro- neste seu anuncio do novo día.

A danza do Sol de Oza, grazas profesor Alfeirán. Unha tradición propia desta festa repetida en moitos lugares. Igual que acontecía, por exemplo, pola banda de Ferrol, entre as persoas que se achegaban até o mosteiro de San Martiño de Xubia, para contemplar ese amecer do Sol danzarín, esta vez, enriba dun monte que no seu propio nome alude a tal evento, a Bailadora.

San Xoán. Nas vésperas de tanta festa, permítanme que insista en dúas cuestións léxicas: parrochas e lumeiradas.

Entre as actividades sanxuaneiras vin a anunciada a “Ruada das Xoubas”. Estraño. Porque na Coruña, aínda que están moi ricas, non comemos “xoubas”, palabra do sur, comemos “parrochas”. Mesmo asumindo con orgullo o risco que conleva a dimensión polisémica deste termo na lingua galega.

Contan que, tras da súa primeira estadía prolongada na cidade, Fran, futuro mito do Deportivo, cando volveu a Ribeira, á súa aldea de Frións, díxolle á nai: Mamá, quero parrochas. E ela contestou: ai! meu filliño, que farás na Coruña, que andas con malas mulleres.

Segunda cuestión léxico-sanxuaneira. Na Coruña non prendemos fogueiras, nin laradas, nin cacharelas -palabras ben fermosas todas elas por certo-, porque nós temos unha denominación propia. A alegría do San Xoán acéndese cada ano en forma de lumeirada.

Así foi dende sempre. Lumeiradas do San Xoán. E cando alguén di: dende sempre, está a referirse en realidade ao tempo da infancia. Así tal foi na miña, cando os nenos das Atochascorriamos polos recantos dos Pelamios para buscar madeira.

A curva da badía do Orzan tinxida de mil lumes, converteuse nunha imaxe icónica da Coruña contemporánea.E, aínda que os sabios etnógrafos non aproben talubicación, estas lumeiradas de ribeira son símbolo tamén dun gran reencontro, un desagravio das coruñesas, dos coruñeses, co mar do Orzán. Aquela praia de area marabillosa que tivemos no centro da cidade, convertida, nun inmenso recheo de caolín tras da construción do paseo marítimo.

Parece que a noite máis curta do ano será aínda máis curta no Orzán, a marea obrigará a desaloxar axiña a praia. Non hai problema festexeiros, non hai problema festexeiras. Recuperemos a antiga tradición, e agardemos a chegada do día para ver bailar o Sol en Oza.

Do Orzán a Oza, con parrochas e lumeiradas, teñan todos un bo San Xoán.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?