Sábado, 15 de Agosto de 2020

Otras localidades

Momento coruñento

Cántiga de despedida

Moreniña por te ver

pasei o mar da Marola

a piques de me perder

Velaí a apoteose do cancioneiro tradicional coruñés. Tríade céltica –como diría don Manuel Murguía na forma. E unha mensaxe definitiva no fondo: Cómpre arriscalo todo para procurar a beleza.

Permíteme Marcos que remate esta tempada, dun xeito épico e sentimental. Cunha nova apoloxía do propio espazo que nos habita: A Coruña, luz e vento, unha pedra chantada no Atlántico. E a Torre, ese xigante, entre as Mariñas e a Costas da Morte, facho acendido para abrir camiños no Océano. Ou o que é o mesmo, para abrir camiños en todos os misterios. Cando subimos ao alto do Faro, os terrícolas enchemos o ollo cunha vista marabillosa. A xente do mar está vendo máis. As pedras onde traballa o percebeiro: a Rabadeira, a enseada do Xogadoiro, o Gueivouteiro, o Xenrei, ou unha intensa familia lítica: a illas do Boi , da Vaca do Becerro e do Becerriño. E debaixo da tona da auga, latexa fartura a eito nos bancos pesqueiros, velaí están as Acentes, o Carpancho, os Abarracidos, as Tousas de Leste, as Tousas de Vendaval… e alén do cabo Prior, as pedras dos Cabalos, e os camiños que levan ao Gran Sol, o mar de Irlanda.

A Torre ilumina coa súa chama unha parte fundamental da nosa historia. Xusto no outro lado do Atlántico Nova York, cara o Norte Irlanda, coas lendas do rei Breogán. Por este camiño de auga chegaron os viquingos, eses que denominaron á Coruña, Far, a illa do Faro nas súas Sagas. E a Torre foi testemuña do grande guerra do Mar entre España e Inglaterra, con capítulos tan famosos como o retorno da Armada Invencible, e a visita do Corsario Drake.

Ruído, fume, cemento…a pátina urbana tolda ás veces a nosa percepción, e non nos permite apreciar as magnitudes cósmicas –pedra, mar, vento- entre as que armamos a nosa vida.

A Coruña, nao enfeitizada –dixo Devesa Monterroso- e nós dentro, aquí, en concreto, onde xermola a cada instante a marabilla. Milagre cotián que estou pa nos beizos cada vez que pronunciamos a palabra máxica: Orzán! Os catro golpes de luz do faro s identifican á Coruña entre todos os navegantes. Mais baixo ese ritmo constante de luz medramos tamén moitas xeracións de coruñeses, en Monte Alto, nos Mallos, nos Castros, en Labañou. Barrios cargados de historias marabillosa – normalmente invisibles para os prospectos turísticos- e que quixen compartir con modestia e con vehemencia, con vós, martes a martes, neste momento coruñento. Gratitude infinita a esta casa e alegría que quero significar nunha locución sinónimo de felicidade absoluta para os que habitamos nesta parte do mundo: Neno tremendo Grelo!

Eu son dos Mallos, son do Castrillón

Son da Gaiteira, son de Labañou

Pola Agra, por Momelos

Universo Coruñento

Neno, Tremendo Grelo!

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?