Martes, 11 de Agosto de 2020

Otras localidades

CONCELLO

Máis de 20.000 persoas asistiron na Praza Maior aos concertos das Festas de Ourense

Aos datos oficiais hai que sumarlles un 25% de público renovándose cada hora.

Aos datos oficiais hai que sumarlles un 25% de público renovándose cada hora.

Aos datos oficiais hai que sumarlles un 25% de público renovándose cada hora. / Radio Ourense- Cadena Ser

A Praza Maior, epicentro das festas de Ourense 2017, recibiu a visita de 20.000 persoas nos concertos celebrados ao longo da semana. Son as cifras que extrae a Concellería de Cultura, e que se suman ás 45.000 que pasaron pola praza do Bispo Cesáreo, as 10.000 que asistiron á Batalla das Flores ou ás máis de 6.000 que presenciaron os espectáculos de teatro da Alameda.

No tocante á oferta musical, o concerto máis masivo foi o de Iván Ferreiro, con 3.566 espectadores en hora punta. Sumados aos concertos de Los Puntos (1.267), La Edad de Oro del Pop Español (3.506), Los Diablos (2.293), Burning (2.208), Caxade (903), León Benavente (1.083) e Carlos Jean (1.900), fixeron un total de 17.000 espectadores. Estes aforos producíronse nos momentos de máximos de persoas na Praza.

Fóra da música, o teatro de rúa sumou máis de 6.000 espectadores, o espazo para bebés estivo ateigado nos dous pases diarios, e a aposta polo microteatro na Sala Valente rexistrou cheos en catro de cada seis pases diarios.

A batalla de Flores (10.000 asistentes), o Mercado medieval -cunha participación limitada a 70 postos por cuestións de seguridade- e o Street Foud foron outros dos grandes acertos destas festas.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Cadena SER

Compartir

Tu contenido empezará después de la publicidad

Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?