Sábado, 18 de Septiembre de 2021

Otras localidades

CONCELLO DE OURENSE

Técnicas de Islandia para diagnósticar o consumo de alcohol e drogas

A Concellería de Sanidade avanza así na diagnose en adolescentes da cidade

A Concellería de Sanidade pretende avanzar na diagnose do consumo de drogas e alcohol en adolescentes da cidade

A Concellería de Sanidade pretende avanzar na diagnose do consumo de drogas e alcohol en adolescentes da cidade / Josué Goge (Flickr.com)

O Concello de Ourense avanzou esta semana, a través da área de Sanidade, a posta en marcha do programa Youth in Europe para a diagnose do consumo de alcohol e drogas entre adolescentes na nosa cidade. O programa está baseado nas políticas islandesas, que desde vai dúas décadas realizan intervencións drásticas, directas e globais que conseguiron un entorno máis saudables para a adolescencia. En España, Tarragona é a única cidade que está a desenvolver este programa piloto.

A propia concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, coñeceu de primeira man os detalles desta ferramenta que recolle de información para establecer un mapa de situación a través dunha enquisa de 70 preguntas a un total de 1.580 adolescentes de entre 15 e 16 anos. Os mesmos técnicos islandeses responsables do programa achegan as enquisas previas, analizan as estatísticas e elaboran os informes específicos para Ourense, procesando a información sobre factores de risco e de prevención.

O director de Youth in Europe en Islandia, Jón Sigfusson, relatoulle á concelleira que, entre os parámetros de análise, están un bo diagnóstico do consumo de drogas, o informe de igualdade na poboación adolescente ou un informe do uso de substancias por centros escolares.

A diferencia do Plan Nacional de Drogas, que analiza o consumo e percepción das drogas entre os adolescentes -e marca a idade media do primeiro contacto co alcol en 13,7 anos- , o programa Youth in Europe tamén amosa indicadores de saúde, ansiedade, depresión, saúde física, estilos de vida e actividades de lecer, redes comunitarias, tensións e eventos negativos, pais, nais e familias, cuestións psicolóxicas, grupos económicos, uso de sustancias, valores, actitudes, violencia, ou delincuencia, entre outros.

Logo dos primeiros contactos por mail con Jón Sigfusson, a Concellería de Sanidade segue a avanzar na cronoloxía do programa na cidade de Ourense, os colaboradores e o orzamento: a soa ferramenta de diagnose ten un custe de 8.000 euros.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?