Últimas noticias Hemeroteca

Lunes, 17 de Febrero de 2020

Otras localidades

Máis de 40 pilotos inscritos no RallyMix de Piñor

A segunda edición do RallyMix do Concello ourensán de Piñor, está enmarcada no calendario da Federación Galega de Autobilismo,celebrarase os días 19 e 20 de agosto

Presentación na sala de xuntas da Deputación Provincial de Ourense, da segunda edición do Rally Mix de Piñor, que se disputará os días 19 e 20 de agosto. Na presentación, Candido Carrera, J Davila, José Luis González, Juan Anta e Iván Corral /

A segunda edición do RallyMix do Concello de Piñor contará con máis de 40 pilotos que, durante os días 19 e 20 de agosto, participarán nesta competición que forma parte do calendario da Federación Galega de Automobilismo, na especialidade de RallyMix.

As novidades que presenta esta segunda edición son ¨o cambio de data para evitar as inclemencias meteorolóxicas que sufrimos a ano pasado e os cambios realizados no trazado para achegalo ao centro do Concello¨, dixo JoséLuis González, Alcalde de Piñor.

O tramo cronometrado é mixto cun total de 8,4 quilómetros dos cales 4,45 quilómetros son de asfalto e 3,95 quilómetros son de terra. ¨Ata o mmomento contamos con 42 pilotos inscritos na proba aínda que esperamos chegar aos 50, superando así os 31 participantes da pasada edición.

Os equipos inscritos proceden de tódolos puntos de Galicia, de Norte de Portugal, Castela e León, Cantabria e Asturias¨, explicou o director da proba,Ignacio J. Davila.

O evento comenzará pola mañá do sábado, 19 de agosto coas verificacións administrativas e técnicas e os recoñecementos, para arrancar coa pompetición, ás 12:15 horas, disputando tres mangas cronometradas seguidas.

O domingo, 20 de agosto, a competición comezará á 10:00 horas disputándose dúas mangas cronometradas. A entega de premios realizarase sobre as 16.30 horas. O parque de asistencias estará no Campo de Fútbol do Reino.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?