Últimas noticias Hemeroteca

Sábado, 07 de Diciembre de 2019

Otras localidades

A Xunta investirá preto de 800.000euros no Mosteiro de Oseira

Cultura e Educación da Xunta de Galicia,investirá preto de 800.000 euros nas obras de restauración do Mosteiro de Oseira

A Xunta de Galicia, investirá preto de 800.000 euros nas obras de restauración do Monasteiro de Oseira /

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a licitación do contrato de obras para a conservación e posta en valor no conxunto monumental do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, en San Cristovo de Cea, uns traballos cofinanciados polo Fondo Europeo de desenvolvemento Rexional (80%), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxetivo temático 6. O importe de licitación das obras ascende a 791.945 euros.

O obxetivo da intervención é velar pola conservación desde senlleiro mosteiro, declarado Ben de Interese Cultural, e que constitúe ademais un importante atractivo cultural e turístico para a súa contorna.

As actuacións previstas como prioritarias para acometer por fases inclúen obras de limpeza e mellora na cuberta, na carpintería, en diferentes portas do conxunto, nos parámetros e nas pinturas murais principalmente, así como na mellora das condicións ambientais dalgunhas partes do monumento.

Así mesmo, substituirase a cuberta que conecta o claustro dos pináculos co dos medallóns, así como de toda a carpintería de fachada principal.A sí mesmo, realizaranse traballos varios de limpeza, restauración de vexas, pintado e iluminación e repararase a fonte do Claustro de Cabaleiros.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?