Lunes, 27 de Septiembre de 2021

Otras localidades

CULTURA

A Escola de Artes e Oficios abre prazo de matrícula

A Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, ten aberto ata o 30 de setembre o prazo de matrícula, para o este novo curso 2017-2018

A Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, abre o seu prazo de matrícula, para o curso 2017-2018

A Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense, abre o seu prazo de matrícula, para o curso 2017-2018 / Escola Artes e Oficios Deputación Ourense

A Escola de Artes e Oficios da Deputación Provincial de Ourense, ten aberto o prazo ata o día 30 de setembro, o seu prazo de matrícula para o curso 2017-2018. Os interesados podedrán formalizar o seu ingreso na Escola a través dos formularios  que están a disposición no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

A Deputación de Ourense, mantén esta histórica escola, con máis de 125 anos de vida, na que se poden practicar as disciplinas de debuxo e iniciación á pintura, perfeccionamento en pintura, talla-escultura en madeira, modelado-escultura en barro e oleiría.

Os alumnos pagarán unha cota de inscrición de 50 euros e un abono de 10 euros mensual pola asistencia ás clases, de luns a venres, nas instalacións que a Escola ten na Rúa Doutor Marañón. A Deputación de Ourense bonifica ata o 100% aos alumnos desempregados ou que formen parte dunha unidade familiar na que os dous proxenitores se atopen en situación legal de desemprego.

Tamén están exentos de matrícula e abono mensual as persoas con síndrome de Down e personas cun grado de discapacidade recoñocido igual ou superior ao un 30%. O curso académico empezará o día 2 de outubro e prolongarase ate o día 30 de xuño de 2018.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    • Notice: Undefined variable: lb_es_acceso_con_movil in /mnt/filerprod/html/produccion/datos/rhabladas/cadenaser/ser/templates/includes/v3.x/v3.0/include_player_permanente.html on line 118

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?