
A Xunta avalía os danos polo pedrazo cos alcaldes de Cenlle e Castrelo de Miño
A Consellería de Medio Rural, avalía cos alcaldes de Cenlle e Castrelo de Miño, os danos polo pedrazo nos viñedos de ambos concellos ourensáns

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, na xuntanza cos alcaldes de Cenlle,Gabriel Alén, e de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez, para avaliar os danos rexitrados en ambos municipios ourensáns polo pedrazo / Consellería Medio Rural
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, explicou aos alcaldes dos municipios ourensáns de Cenlle e Castrelo de Miño, os resultados dos informes preliminares sobre a afectación da sarabiada rexistrada o pasado día 27 en diferentes zonas da provincia.
Os estudos provisionais indican que os danos se centraron nestes dous concellos, Cenlle e Castrelo de Miño. Está previsto que o Consello da Xunta aprobe en breve unha liña de financiamento para os agricultores afectados por fenómenos abversos, dotada con 1, 5 millóns de euros para as anualidades 2017-2018.
Ángeles Vázquez, sinalou a importancia dos seguros agrarios como fórmula para facer fronte a este tipo de situacións e lembrou que a Xunta destina este ano 4,7 millóns de euros a financiar a contratación de pólizas.
- Agricultura biodinámica
- Agricultura transgénica
- Agricultura y Conservas
- Ministerio de Agricultura
- Ministerio de Agricultura
- MAPA
- Agricultura ecológica
- Agricultura urbana
- FAO
- Salud pública
- ONU
- Agricultura
- Política sanitaria
- Ministerios
- Agroalimentación
- Alimentación
- Empresas
- Organizaciones internacionales
- Sanidad
- Administración Estado
- Industria
- Economía
- Relaciones exteriores
- Salud
- Administración pública
