Lunes, 08 de Marzo de 2021

Otras localidades

GASTRONOMÍA

Ourense sabe a outono

Comeza o 10º concurso Sabores de Ourense- Pinchos de Outono

En cada bocado unha sensación neste caso con sabor a outono

En cada bocado unha sensación neste caso con sabor a outono / Nicoleta Tarazona (Flickr.com)

Chega a 10ª edición do Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Outono, que organizan a Concellería de Turismo e Termalismo de Ourense e a Unión de Hosteleros Ourensanos . Desde hoxe e ata o día 12 de novembro, 46 establecementos da cidade participarán na actividade, que se enmarca entre dúas datas festivas tan relevantes para a cidade como o Samaín e os Magostos.

Como cada outono, o requisito imprescindible para participar é que os pinchos estean elaborados con cogomelos e/ou castañas, materias primas frescas e de tempada, buscando potenciar así os produtos locais.

O importe máximo dos pinchos é 2,50 € coa idea de que todo o mundo poida achegarse a saborear estes petiscos.

Entre as tendencias desta tempada nos menús destacan a fusión de ingredientes tradicionais con cociñas exóticas como a tailandesa e a mexicana, as crêpes e outras variedades de pinchos recheos (canelóns, filloas), e as tostas de porco, un clásico da nosa gastronomía. As salsas serán a sorpresa este ano.

Os premios oficiais do concurso son os 3 outorgados polo xurado profesional, os 3 concedidos polo público e o Premio Pincho Celíaco, outorgado pola delegación ourensá da Asociación Galega de Celíacos, ao que optarán todos os pinchos que non empreguen glute na súa elaboración.

Cómpre lembrar que o público que deposite o seu voto nas urnas colocadas nos establecementos participantes entrará no sorteo de distintos agasallos cos que se premiará a súa fidelidade. Toda a información sobre locais e pinchos pode consultarse na web específica habilitada dentro da portal da Concellería, no enderezo http://saboresdeourense.turismodeourense.gal/.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?