Domingo, 22 de Mayo de 2022

Otras localidades

XADREZ

Excelente papel dos ourensáns en Lugo

En Lugo, tivo lugar a oitava edición do Aberto Cidade de Lugo, unha nova edición que contou con ata 60 participantes dos que, ata 6 deles, eran titulados internacionais

Excelente papel dos ourensáns na recente cita lucecense, VIII Open Internacional Cidade de Lugo

Excelente papel dos ourensáns na recente cita lucecense, VIII Open Internacional Cidade de Lugo / Club Xadrez Ourense

A embaixada Ourensana fixose notar completando un importante papel, hai que comezar por salientar o 5º posto obtido por David Gómez (ano 1995) do Club Xadrez Ourense que sigue sumando puntos de cara ao seu obxectivo de converterse en Mestre FIDE ( Federación Internacional), obxetivo cada vez máis cercano e do que únicamente o separan 78 puntos, ( na actualidade conta con 2223 puntos Ránking).

Pola súa parte, Marcos Lorenzo (ano 1957) Liceo Ourensán, obtivo o 6º lugar, nunha moi boa actuación na que destacou, entre outras, a súa victoria ante o Mestre Internacional Diego Espiñeira.

Pero si cabe, as novas máis positivas e esperanzadoras para o xadrez provincial chegaron de máns dos máis xóvenes,así, o vixente bronce nacional de xadrez rápido Sub 14, Martín Gómez (ano 2003) do Club Xadrez Ourense, obtivo 3.5 puntos empatando ao 7º posto e destacando o seu empate ante o Mestre Internacional Cubano Arián González.

Tamén hai que salientar a positiva actuación de Mateo Díaz (ano 2003) e de Laura Gómez (ano 2005),ambos do Club Xadrez Ourense, e que, en ambos casos, realizaron postivas actuacións que lles serviron para aumentar o seu ránking internacional.

Cargando

Escucha la radio en directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después la publicidad

Programación

A continuación

    Último boletín

    Emisoras

    Elige una emisora

    Cadena SER

    Compartir

    Tu contenido empezará después de la publicidad

    Cadena SER

    ¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?