Últimas noticias Hemeroteca

Miércoles, 20 de Noviembre de 2019

Otras localidades

Pepe do Fieiro gaña o Premio Nordés 2017

Pepe do Fieiro e Pepe Formoso /

O programa A Cancela de Radio Nordés Cadena SER deu a coñecer quen recibirá o premio máis emotivo dos que se entregarán o vindeiro venres 24 en Vimianzo. José Rodríguez Ramos, Pepe do Fieiro, leva subindo e baixando ao Monte Pindo dende que tiña 6 anos e o sigue facendo con 83, cunha enerxía e vitalidade excepcional. É un espectáculo velo saltar entre as pedras, explicándolle aos visitantes cara onde está Santiago e como dende alí se ven os fogos do Apóstol; ou ensinando o sitio no que seu pai atopou unha xerra que agora está no Museo do Pobo Galego.

De pequeno coidaba as cabras do rabaño familiar, chegou a ter unhas 200. Estudou maxisterio, traballou de profesor, emigrou a Londres onde estivo máis tempo do que pretendía. É persoa que máis veces subiu ao Pindo e probablemente a que mellor coñece este promontorio granítico; cada recuncho, cada camiño, cada pedra, pero tamén cada historia e cada lenda. Unha enciclopedia vivinte que sempre ten unha resposta acompañada dun sorriso, transmitindo e contaxiando a paixón e o amor que el sinte por este lugar. Hai persoas cunha sensibilidade especial, que deixan a súa pegada sen procuralo, simplemente se entregan a aquilo que aman con ilusión e vontade de coñecer e compartir o seu tesouro. Así é o Sr. Pepe, O neno que soñaba coa montaña.

Este galardón súmase aos 4 desvelados a pasada semana

-Nordés do Deporte á Asociación deportiva e cultural Rapacollóns Big Bang. Clave nos últimos éxitos da S.D. Fisterra son un exemplo de deportividade que lograron gañarse o respecto e recoñecemento dos rivais. Impulsada por ex xogadores naceu para animar ao Fisterra e medrou converténdose nunha asociación que persegue non só metas deportivas senón tamén culturais e lúdicas.

-Nordés das Ciencias ao reumatólogo ceense Francisco Blanco García. É o único científico español elixido Investigador do ano pola a Sociedade Mundial para a investigación da Artrose, coordinador na area de Enfermidades Reumáticas e Autoinmunes da Sociedade Mundial para o Estudio do Proteoma Humano. En tódalas súas conferencias remata amosando fotografías de Cee presumindo das súas orixes.

-Nordés da Divulgación ao Camiño dos Faros. Miles des sendeiristas de todo o mundo visitan a Costa da Morte grazas a esta ruta. Un caso de éxito único no que unha asociación sen ánimo de lucro crea un produto turístico de proxección internacional totalmente consolidado en menos de 5 anos.

-Nordés Social ao Asalto ao Castelo de Vimianzo. Unha festa para todos os públicos que une historia, patrimonio, teatro, música ou gastronomía, que superou tódalas dificultades e os boicots iniciais para facerse máis forte, mantendo a esencia e o espírito reivindicativo inicial, sen renunciar á innovación. Unha divertida lección de historia que non deixa de medrar en cada edición.

Continúa aberta a votación para o Nordés da Audiencia que se concede por votación popular dos oíntes de Radio Nordés Cadena SER. A Gala de premios celebrarase o venres 24 de novembro ás 21h. na Casa da Cultura de Vimianzo coa presenza dos premiados, momentos de humor, sorteos e unha especial actuación musical aínda por desvelar; con entrada libre e gratuíta ata completar aforo. Unha Gala que é posible grazas ao apoio dos patrocinadores: Productos Cárnicos Domínguez, Industrias Cerdeimar, Ferroatlántica, Feiraco, Construcións e escavacións Germán Mouzo, Imprenta e Publicidade San Cristobal e o Concello de Vimianzo.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?